Entrevista:ALEXANDRE GARCÍA CABALLERO | Psiquiatra | LUCES | AS LETRAS E AS IDEAS

"Hai unha débeda narrativa cos emigrantes"

Os psiquiatras Ramón Area e Alexandre García Caballero, especialistas no Hospital de Calde (Lugo) e na Unidade de Saúde Mental da Ponte (Ourense), levaron o Ramón Piñeiro deste ano polo seu ensaio Psicopatoloxía do retorno. "O tema dos emigrantes sempre estivo aí, pero o retorno non", di García Caballero.

Ante a ausencia de monografías sobre o retorno desde unha perspectiva psiquiátrica, recorreron aos ensaios de Álvarez Silvar, Núñez Seixas ou Santiago Lamas en Galiza, ou á Psicanálise da emigración, de Greenberg & Greenberg, para artellar a súa historia de retornos non ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Os psiquiatras Ramón Area e Alexandre García Caballero, especialistas no Hospital de Calde (Lugo) e na Unidade de Saúde Mental da Ponte (Ourense), levaron o Ramón Piñeiro deste ano polo seu ensaio Psicopatoloxía do retorno. "O tema dos emigrantes sempre estivo aí, pero o retorno non", di García Caballero.

Ante a ausencia de monografías sobre o retorno desde unha perspectiva psiquiátrica, recorreron aos ensaios de Álvarez Silvar, Núñez Seixas ou Santiago Lamas en Galiza, ou á Psicanálise da emigración, de Greenberg & Greenberg, para artellar a súa historia de retornos non exitosos. Fixérono a través dos relatos de máis de 70 ourensáns (só a Ourense, cada ano regresan 1.500 galegos). O enfoque pioneiro xurdiu a partir das recorrencias narrativas deses pacientes na primeira consulta, á que adoitaban acudir con patoloxías ansiosas e depresivas. Segundo os autores, "os emigrantes contraen unha identidade allea á nacenza, na dinámica do que marcha para amosar o que vale". "Pero", resume Area, "aquí o heroe que volve non casa coa filla do rei. Nin nós nos decatamos de que están volvendo".

"O estereotipo negativo das elites sociais está moi presente. Por que non hai un 'best seller' galego do retorno?"
Más información

Na difícil relación entre os intelectuais e a emigración, axiña sae Viaxe ao país dos ananos . "Semella que os emigrantes non tiñan conciencia de clase cando parecía necesario tela", din. "Pero é que naquela Venezuela de Celso Emilio ninguén a tiña". Neste punto destacan que os "ideais meritocráticos" da xente que gañou todo a pulso "cadrarían ben no rural, porque contrarían a visión caciquil". Se a dereita aleou o retorno electoralmente, iso aconteceu, segundo Caballero, "porque eses valores non se souberon rendibilizar". "Celso Emilio confundiu emigrantes e exiliados", afirma. "Mellor identificarse con Castelao que cun tío que chega de alá cun Mercedes 300".

Psicopatoloxía... fai fincapé no "silencio" do retorno. "Fóra dos anuncios de Larsa, seguimos consumindo Corto Maltés ou a épica do retorno a Irlanda", contan. O agarimo co que trata John Berger n'Un sétimo home aos emigrantes dos 70 en Suíza contrasta, segundo din, coa autóctona "ridiculización dos indianos". "O estereotipo negativo das elites sociais galegas está moi presente, con excepcións como La catedral y el niño ". "¿Por que non hai un best seller galego do retorno migratorio?".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Malia o limiar do libro, Ulises e Rosalía, e a proximidade dos protagonistas, procuraron non tomar partido. "O noso texto é a verdade deles", din. Alén da "débeda narrativa", os autores reclaman sobre todo a posta en valor deste "capital cultural desperdiciado".

Archivado En