BOTELLA AO MAR | LUCES

Conversando cos mortos

LIBROS DE ESCRITORES QUE XA NON ESTÁN: Chéganme en dous días consecutivos dous libros de escritores que xa non viven. Un, chégame da man do seu neto Juan Pablo, do bo poeta Eduardo Moreiras. Do ano 72, un daqueles libros de Galaxia que eran un bálsamo de civilidade nun tempo brutal. O escritor agudo e atento ao tempo que nun par de páxinas cita con naturalidade a Góngora, Orwell, Konrad Lorenz, Miguel Hernández, Paul Eluard, Otero, María Mariño, Bach, Roger Van der Weyden... sen contar un censo de veciños dunha aldea do Courel, cabalos, lobos, cans... Páxinas cheas de historia, literatura, mon...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

LIBROS DE ESCRITORES QUE XA NON ESTÁN: Chéganme en dous días consecutivos dous libros de escritores que xa non viven. Un, chégame da man do seu neto Juan Pablo, do bo poeta Eduardo Moreiras. Do ano 72, un daqueles libros de Galaxia que eran un bálsamo de civilidade nun tempo brutal. O escritor agudo e atento ao tempo que nun par de páxinas cita con naturalidade a Góngora, Orwell, Konrad Lorenz, Miguel Hernández, Paul Eluard, Otero, María Mariño, Bach, Roger Van der Weyden... sen contar un censo de veciños dunha aldea do Courel, cabalos, lobos, cans... Páxinas cheas de historia, literatura, montaña.

SE CADRA, OS ESCRITORES DE AGORA andamos a tantas cousas, mesmo a amañar este mundo que non se deixa amañar, e xa nin tempo temos de escribir desa maneira. Unha maneira elegante, distendida, gratuíta, serena. Eduardo Moreiras escribía poemas ou anotacións coa conciencia de que case non había ser lido.

Os escritores de agora conseguimos que se nos lese, o que escribimos é atendido. Iso fainos máis urxidos, atafegados, abruptos. Un non sabe se o que escribimos poderá ser lido dentro de trinta e cinco anos e alguén dirá cousa semellante do que eu estou a dicir do libro de Eduardo Moreiras.

E UNHA ANTOLOXÍA DA POESÍA DE XOÁN-MANUEL CASADO, que morreu novo na súa Barcelona, sempre coa imaxinación na súa Galiza mítica, na montaña lembrada ou imaxinada.

Cadrei con el, hai vinteún anos, no programa que dirixía na televisión o Víctor Freixanes, que nos confrontou para dicir dúas visións contrarias da Galiza. Dixen o que pensaba, neguei o que para el era tan valioso: a montaña pura, sen contaminar, o paraíso da infancia imaxinada. Díxenlle que aquilo non existía. Non debín, fun cruel. Mais a televisión xa é cruel, é a brutalidade. Eu axudei a cometer aquel pequeno, ou grande, crime contra aquel home que ficou desconcertado.

E SE LER, SEGUNDO O SÉNECA E MAIS QUEVEDO, É CONVERSAR COS MORTOS, agora leo os seus versos e así pídolle perdón a aquel poeta cheo de inocencia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

INOCENCIA É XUSTAMENTE A NATUREZA DO POETA. Xa será bo ou mal poeta, mais sen inocencia non hai poesía.

POR ISO É UN DON a poesía. E porque é don gratuíto, non a todos nos é dado. Os que non recibimos a iluminación estamos condenados á agonía.

XULGAN A UN HISTORIADOR, ao Dionisio Pereira: nese proceso están a procesar aos que xa fusilaron. Dionisio axudoume na documentación dun libro meu, eu tamén son cúmplice do Dionisio, tamén son culpábel. Todo o que se atreva a ollar atrás é culpábel. Ninguén volva á vista, ninguén pregunte, ninguén fale. Ou será procesado.

Archivado En