BOTELLA AO MAR | LUCES

Filmes e cancións

UN É DUNHA XERAZÓN PARA A QUE A POLÍTICA ERA MOITO. Era algo temíbel, os nosos pais advertíanos con susto: "Coidado non te metas en política", pois meterse en política era ir contra Franco e os franquistas, era disputarlles o monopolio. E pois, pensabamos que a política nosa, contra eles, había reparar todos os males do mundo. Aínda máis: os males da vida.

DESENGANÁMONOS, CADA UN Á SÚA MANEIRA. A paos, a golpes, a poder de aborrecemento, como fose descubrimos que a política non o era todo. Que a vida era outra cousa, ben máis importante. Que a vida non cabía na política, aínda que a pol...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

UN É DUNHA XERAZÓN PARA A QUE A POLÍTICA ERA MOITO. Era algo temíbel, os nosos pais advertíanos con susto: "Coidado non te metas en política", pois meterse en política era ir contra Franco e os franquistas, era disputarlles o monopolio. E pois, pensabamos que a política nosa, contra eles, había reparar todos os males do mundo. Aínda máis: os males da vida.

DESENGANÁMONOS, CADA UN Á SÚA MANEIRA. A paos, a golpes, a poder de aborrecemento, como fose descubrimos que a política non o era todo. Que a vida era outra cousa, ben máis importante. Que a vida non cabía na política, aínda que a política fose unha parte da vida.

E AGORA PARECE QUE ESTABAMOS ENGANADOS NO NOSO DESENGANO, pois a política aparece de novo por todos lados. Contaminando a vida social, a vida persoal, facéndonos enfrentar ás persoas. Mellor parar un pouco, descansar, ver un filme calquera.

MESMO HAI FILMES PARA PÚBLICO INFANTIL DOS QUE GOSTO, como os de Tarzán. Puro cine colonialista, e qué pavero non é. En Tarzán de los monos: veña a arrearlle chicotazos aos pretos, plas e mais plas. Veña, negro, carga e camiña! E logo ven un león e pamba, papa a un preto. Ven un crocodilo e tamén. Até un hipopótamo merenda!

E VAI ELA, A 'CHICA', e dille a un cazador da expedición (é malo, véselle na cara): "Non lle dispares!"(A Tarzán). E di el, "e logo por qué, non é humano". E vai ela , "olla, é branco, como nosoutros!". É lista a condenada. Se chega a ser moreno, pamba. É que unha película de aventuras como non sexa un `pouco colonialista, un chisco machista e unha miga fascista pois qué queren que lles diga, non ten graza. As cousas como son.

AGORA QUE, FALANDO DE CINEMA, QUÉ SORTE SER CONTEMPORÁNEO DO WOODY ALLEN. A cada vez que pasan un filme seu na tele convénzome máis. Non insisto nisto (outro día volverei insistir, mais non está ben que un saque a pasear a todos os artistas que admira, por non ser pesado).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

AÍNDA QUE ESCOITO UN DISCO DE HOMENAXE AO PETE SEEGER e pásmame o vello ese, tan novo, tan duro, tan tenro. Tamén é por narcisismo, por lembrar algo do que xa foi. Por revindicar aos vellos sindicalistas vermellos norteamericanos. Alí ten todo moito máis mérito. Alí é todo máis verdadeiro, o poder económico, militar, o imperialismo. E tamén a decencia da xente decente.

Archivado En