OPINIÓN | SUSO DE TORO

Morre a persoa, perdura o personaxe

O franquismo foi un sistema totalitario que era dono dos corpos e tamén das mentes

O franquismo foi literatura. Foi un relato que o réxime, co pais enteiro encerrado do mundo, meteu nas mentes das xeracións posteriores que non viviran na República e non coñeceran outra realidade que a daquela España. Para esas xeracións, aquel relato, un pesadelo habilmente construído con literatura, era a realidade. O franquismo non foi unha ditadura, foi un sistema totalitario que era dono dos corpos e tamén das mentes (os sistemas totalitarios precisan obrigadamente da literatura). Naquel conto, a protagonista era unha España castellano cristiana, heroica e espléndida, e esta tiñ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O franquismo foi literatura. Foi un relato que o réxime, co pais enteiro encerrado do mundo, meteu nas mentes das xeracións posteriores que non viviran na República e non coñeceran outra realidade que a daquela España. Para esas xeracións, aquel relato, un pesadelo habilmente construído con literatura, era a realidade. O franquismo non foi unha ditadura, foi un sistema totalitario que era dono dos corpos e tamén das mentes (os sistemas totalitarios precisan obrigadamente da literatura). Naquel conto, a protagonista era unha España castellano cristiana, heroica e espléndida, e esta tiña que defenderse dos seus inimigos: os roxos e os separatistas, que unían as súas forzas contra España. Nese contubernio nefasto destacaba un monstro da raza do comunismo dos comunistas! Daquel inferno emerxía un demo principal, Santiago Carrillo.

O franquismo foi un conto de medo e Carrillo era un personaxe daquel conto, o monstro. E dicimos que o franquismo foi un conto de medo e foino tamén para os antifranquistas, que tamén moraban naquel pesadelo. Mais eles tiñan un relato contrario: o monstro era Franco, amo dun inferno sanguento que xa probara que era ben real. Franco era o amo dos contos e das vidas, sentíase forte dabondo como para aturar aquel peso ( e, con todo, aquel home cativo demostrou unha dureza inaudita, un abismo dentro que non deixa de fascinar). Porén, poucas persoas habían querer ser un personaxe tan odiado e tan cargado de acusacións. De seguro que Carrillo tampouco; así e todo, el parecía levar esa carga con verdadeira calma.

O curioso é que Carrillo tamén era un personaxe nesoutra historia, a historia familiar dos comunistas: el tamén era o malo. Desenvolvía o personaxe do traidor dentro dunha historia de intrigas, purgas, disidencias... Se se considera o tamaño da carga histórica que levou xunto coa capacidade para sobrevivir e loitar pola súa supervivencia política, veremos que a figura de Carrillo é un verdadeiro peso pesado como personaxe literario.

Claro que o que lle dá carácter literario, o que o fai definitivamente suxestivo é ser un comunista. O comunismo é algo máxico, madialeva. Marx calificouno como unha pantasma que comezaba a percorrer a Europa. E sempre conservou algo de fantasmal, cousa máxica que trata dunha mestura de profecía, ameaza, sangue e esperanza de redención. Desaparecido o mundo comunista, tanto os estados que ostentaban encarnalo como a inmensa maioría dos seus seguidores nos outros estados, aínda hoxe a palabra “comunismo” corta o ar cando se pronuncia. Unha profecía antiga e témera, a ese tempo e ese mundo seguirá a pertencer a figura de Carillo. A quen enterraron foi a Santiago, aquel rapaz de Gijón.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En