Ortigueira quere recuperar a esencia folk

La organización pretende impedir las carpas 'dance'

O festival de Ortigueira quere recuperar a súa maxia dos primeiros anos. Cumpre 28 edicións cunha asentada fama internacional. E sen deixar de atraer a miles de persoas na pequena vila mariñeira, quere volver ao espírito e ambiente de folk céltico en estado puro, sen interferencias electrónicas das numerosas carpas de danceque pululaban os últimos anos no pinar da impresionante praia de Morouzos, onde se sitúa a zona de acampada libre. O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, asegurou onte que perseguirá esas polémicas instalacións para recuperar a esencia dun festival que, pese á drást...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O festival de Ortigueira quere recuperar a súa maxia dos primeiros anos. Cumpre 28 edicións cunha asentada fama internacional. E sen deixar de atraer a miles de persoas na pequena vila mariñeira, quere volver ao espírito e ambiente de folk céltico en estado puro, sen interferencias electrónicas das numerosas carpas de danceque pululaban os últimos anos no pinar da impresionante praia de Morouzos, onde se sitúa a zona de acampada libre. O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, asegurou onte que perseguirá esas polémicas instalacións para recuperar a esencia dun festival que, pese á drástica reducción do seu orzamento (400.000 euros como hai unha década), seguirá sendo gratuito.

 O cartel, do 12 ao 15 de xullo, estará encabezado polos galegos Crema de Gaita así como, por primeira vez, os escoceses Blazin' Fiddles, os irlandeses Electric Céilí e os galeses Jamie Smith’s Mabon. O violonista Rua Macmillan e a Escola de Gaitas de Ortigueira, que presentará a obra de Ernesto Campos adicada ao certame, tamén destacan na oferta dos 15 concertos en total que se sucederán este ano. "Nun momento no que todo costa máis, o festival manterase sen competencia como a alternativa máis económica do verán", asegurou o alcalde. Co renovado patrocinio de administracións públicas e empresas privadas, os axustes para aforrar cartos se concentran na frecuencia, máis reducida, nos buses gratuitos entre os principais puntos do certame. Terá como complemento á música unha exposición sobre a gaita e os oríxes da cita de Ortigueira, ademáis da tradicional feira de artesanía.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En