Nicolás e Camilo

É difícil rebaterlle a quen fala de algo, aquel Réxime criminal e totalitario nacido dun golpe de estado, co coñecemento que dá ciencia unida á experiencia

No Ateneo Republicano de Galicia, na Coruña, pode un asistir á ceremonia de gardar respeto ao himno da II República; que tan distinto sona da Marcha Real, o himno dos "nacionales", que leva presidido as nosas vidas. Alí no Ateneo Nicolás Sánchez Albornoz veu deica nós desde o seu tempo de infancia na República, o tempo desde onde nos chega o himno, e presentou o seu libro "Cárceles y exilios", ese plural. Nicolás Sánchez Albornoz ten publicacións abondas como historiador, esta rememoración é e mais non é o libro dun historiador. É o relato das incidencias dunha vida chea de avatares e marcada ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

No Ateneo Republicano de Galicia, na Coruña, pode un asistir á ceremonia de gardar respeto ao himno da II República; que tan distinto sona da Marcha Real, o himno dos "nacionales", que leva presidido as nosas vidas. Alí no Ateneo Nicolás Sánchez Albornoz veu deica nós desde o seu tempo de infancia na República, o tempo desde onde nos chega o himno, e presentou o seu libro "Cárceles y exilios", ese plural. Nicolás Sánchez Albornoz ten publicacións abondas como historiador, esta rememoración é e mais non é o libro dun historiador. É o relato das incidencias dunha vida chea de avatares e marcada polos corenta anos de franquismo, e tamén é unha análise exacta do que foi o franquismo. A análise dun historiador que fundiu na súa vida a teoría e práctica. Nicolás coñeceu o ventre da besta, os cárceres e o campo de traballo escravo de Cuelgamuros (ese Valle de los Caídos do que este novo goberno ven de aprobar a súa reapertura sen máis, chámanlle "normalizar su situación" a que volva ser lugar de peregrinaxe e de homenaxe a Franco). E coñeceu tamén o Réxime desde o exilio coa ollada internacional desde Francia, Arxentina, México ou EE UU. É difícil rebaterlle a quen fala de algo, aquel Réxime criminal e totalitario nacido dun golpe de estado, co coñecemento que dá ciencia unida á experiencia.

Moi distintos son os dous libros novidade de Camilo Nogueira Román, fillo tamén de republicano, galeguista, porén xa dunha xeración posterior, non coñeceu o Himno de Riego na infancia. En "A Rota do sol" Camilo navega os mares que lle son propios: o barco é Galiza e os mares son os do noso tempo, España, Europa, a economía, a nosa lingua no mundo…Imprescindíbel para quen queira seguir actualizando o seu pensamento galeguista no tempo de hoxe, un país aberto e unha historia aberta. E na historia ou pola historia e a outra batalla titánica que dá o Camilo en "Para unha crítica do españolismo". Un libro inscrito nunha liña de historiografía que supoño que se deberá chamar galeguista, pois é contraria á historiografía españolista na que se basa a ideoloxía esencialista de España; totalmente contraria ás barbaridades xenófobas de "La España invertebrada" ou a exaltación e as manipulacións ideolóxicas de "Los españoles en la historia". Un libro que continúa traballos de Emilio González López, do meritorísimo Anselmo López Carreira e do propio Nogueira. "Para unha crítica do españolismo" é un traballo intelectual intelixente, documentado e valente que, se hai historiadores no noso país, terá que ser analisado e discutido. Tras este libro non se pode seguir a facer a historiografía de Ximénez de Rada como se tal cousa, este libro demostra que a actual Historia de España é mito e ideoloxía, en absoluto ciencia histórica. Quitada prescripción médica ou forza maior, ningún historiador debera deixar de lelo, tampouco galeguistas que queiran ver confirmadas con base académica, con fontes, as intuicións e comprensións do propio Castelao e de Manuel Murguía.

Ese Murguía que disputou no seu tempo a cabeceira do nacente galeguismo a Vicetto, historiador fantasioso, e aínda que a historiografía é naturalmente debedora do seu tempo abre o camiño para unha historiografía pensada e feita desde aquí e non desde a negación de nós. A biografía extensa que nos ofrece Xosé Ramón Barreiro é a proba da fecundidade e modernidade do galeguismo desde os seus comenzos; ler ese combativo século XIX, o da revolución galega de 1846, desde o noso século XXI é curiosamente tonificante.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En