Luces

Experimentar co turismo

"Faltou ter potenciado desde a administración liñas de apoio para promover encontros entre cultura e empresa, un terreo a desenvolver moi interesante", expón Marcos Lorenzo desde a súa experiencia como xestor cultural e bo observador do panorama actual. "Sen embargo si que houbo unha conciencia de traballar máis en turismo e cultura, onde xa hai un camiño andado pero algo clásico e con certas carencias no ámbito creativo", engade Lorenzo, que bota de menos "recursos de guión e traballo creativo" para vender mellor o patrimonio. E tomar exemplo de lugares onde potenciaron a presenza de e...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"Faltou ter potenciado desde a administración liñas de apoio para promover encontros entre cultura e empresa, un terreo a desenvolver moi interesante", expón Marcos Lorenzo desde a súa experiencia como xestor cultural e bo observador do panorama actual. "Sen embargo si que houbo unha conciencia de traballar máis en turismo e cultura, onde xa hai un camiño andado pero algo clásico e con certas carencias no ámbito creativo", engade Lorenzo, que bota de menos "recursos de guión e traballo creativo" para vender mellor o patrimonio. E tomar exemplo de lugares onde potenciaron a presenza de escritores en hoteis ou residencias de artistas vinculados a empresas, como fixo a factoría vasca de electrodomésticos Fagor. "O sector produtivo non cultural e o ámbito cultural viviron de costas ata agora, pero estamos tirando cara a diversificación de ingresos, aínda que a administración debería seguir apoiando as iniciativas" matiza Lorenzo.

Unha desas iniciativas que se están desenvolvendo no ámbito da creatividade aplicada ós contidos culturais é o da empresa On the way, que trata de facer evolucionar as audioguías a través dunha innovadora aplicación para tabletas. "Cremos que se pode conxugar a creatividade, a tecnoloxía e unha vía interesante de negocio nos contidos culturais", explica Pablo González, responsable deste empresa. Neste ámbito de introducir a creatividade dentro da promoción turística traballou tamén Uqui Permui, no seu concepto Rías Baixas, Territorio gastronómico, no que mesturou nun documental a varios cociñeiros desta zona nun proxecto que buscaba algo máis que un aspecto promocional da gastronomía. Permui partiu dun libro, pero tamén diversificou ese traballo cara o audiovisual porque "cantas máis ferramentas haxa, mellor será para comunicar". A artista compostelá fai a súa particular análise entre creatividade e rendabilidade: "Temos un excelente nivel de produción, pero fáltanos orgullo de vendelo. Ese desequilibrio é o que un creativo pode paliar no proceso de innovación dunha firma".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO