Luces

Nace o dixital 'Praza', "un instrumento para o cambio"

"A este país non lle cómpre o silencio". É un dos avisos, breves e estralantes, na web do proxecto Praza Pública, que empezará a comunicar como xornal dixital en xaneiro. A liña ideolóxica tamén a explicitan: "Sermos un instrumento para o cambio, para o avance do país. Enriquecer o autogoberno, como expresión da pluralidade da sociedade". Resume o que cumpría recuperar o xornalista Marcos Pérez Pena, no equipo fundador canda Manuel Barreiro e Filipe Díaz: "O obxectivo é ser un medio aberto e colaborativo, con aquel espírito do primeiro Vieiros, o barrio galego na Internet".

Coma ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Coma o primeiro medio de comunicación en galego na Rede, Praza Pública está aberto a quen queira colaborar -cobrando, iso si, xornalistas e opinadores-, coa idea de trazar estratexias cooperativas co resto dos medios que seguen comunicando en galego ou teñen previsto facelo, como Sermos Galiza ou Diagonal-Galiza. "Queremos facer xornalismo en galego", convén Pérez Pena, "de calidade e na Rede, para unha sociedade galega que o reclama porque non o ten".

Algunhas diferenzas sobre Vieiros, pechado o ano pasado tras 15 anos, sintetízaas o columnista de EL PAÍS Manuel Barreiro, que tamén traballou alí. "Un xornal vencellado a unha comunidade de lectores. Queremos que eles sexan os donos do xornal, e que se comprometan e responsabilicen na liña informativa". Tamén no enfoque. Menos noticias e máis temas en profundidade. Será a sociedade civil a que determine de inicio a densidade da redacción. De momento manexan tres estruturas alternativas, de 3 a 6 profesionais dependendo das doazóns.

'Tempos' estrea web

"Xa podemos dicir que o primeiro día que comunicamos o proxecto recibimos unha cantidade de cartos superior á que pensabamos", anima Pérez Pena. "Se puxemos en marcha este sistema de microachegas é porque confiamos na madureza da sociedade civil". Para o xornalista, e malia ás pexas -mercado publicitario por desenvolver, discrecionalidade nas subvencións-, "non é casual o nacemento de Praza nin que Tempos Novos

[onte presentaron Tempos Dixital no Museo do Pobo] tome conciencia da imperiosa necesidade de estar na Rede". Para Barreiro, autor d'A novísima dereita e nós, "neste país hai enerxía e unha sociedade que cando se mobiliza ten capacidade de crear". O mes que vén, o proxecto presentarase por toda Galicia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En