O Macuf abre tres mostras con obras dos seus bolseiros

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa (Macuf) da Coruña abriu onte tres exposicións dedicadas ás obras de outros tantos artistas novos que gozaron dunha bolsa no extranxeiro, concedida pola empresa que patrocina o museo. O lucense Félix Hernández, o coruñés David Ferrando e o vigués Nano4814 presentaron traballos realizados durane as súas estadías en cidades coma Berlín, Nova York, Londres e México D. F.

As pezas que achega Félix Fernández analizan a relación entre os termos materia e espíritu, e toma como referencia a súa estadía en dúas cidades tan distintas coma Berl...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa (Macuf) da Coruña abriu onte tres exposicións dedicadas ás obras de outros tantos artistas novos que gozaron dunha bolsa no extranxeiro, concedida pola empresa que patrocina o museo. O lucense Félix Hernández, o coruñés David Ferrando e o vigués Nano4814 presentaron traballos realizados durane as súas estadías en cidades coma Berlín, Nova York, Londres e México D. F.

As pezas que achega Félix Fernández analizan a relación entre os termos materia e espíritu, e toma como referencia a súa estadía en dúas cidades tan distintas coma Berlín e Nova York. Pola súa banda, David Ferrando reflexiona nos seus traballos sobre a imaxe coma desencadeante de desexos e produto dos mesmos. Finalmente, o grafiteiro vigués Nano4814 fai referencia a dous conceptos moi vencellados entre sí: o carácter público da arte realizada na rúa e o interese polo papel que xoga o artista na sociedade actual.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En