Luces

O Centro Coreográfico estrea mañá a obra '3DTres'

O Teatro Colón de A Coruña acollerá mañá a estrea da última produción do Centro Coreográfico Galego, 3DTres, que contará coa dirección da responsable do propio centro, Mercedes Suárez. Os coreógrafos Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun asinan, respectivamente, as pezas Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, que foron creadas ex profeso para este proxecto.

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou onte a nova montaxe na Coruña e calificouna coma "un espectáculo de primeira magnitude, que adecúa o facer galego coas tendencias en auxe d...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O Teatro Colón de A Coruña acollerá mañá a estrea da última produción do Centro Coreográfico Galego, 3DTres, que contará coa dirección da responsable do propio centro, Mercedes Suárez. Os coreógrafos Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun asinan, respectivamente, as pezas Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, que foron creadas ex profeso para este proxecto.

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou onte a nova montaxe na Coruña e calificouna coma "un espectáculo de primeira magnitude, que adecúa o facer galego coas tendencias en auxe do panorama europeo". En canto aos obxectivos da xestión do seu departamento respecto do sector da danza, Varela salientou como prioridades a consolidación da creación coreográfica e a normalidade na produción e na distribución.

Os tres coreógrafos elixidos para esta montaxe contan cunha recoñecida traxectoria internacional e foron integrantes, entre outras, da Compañía Nacional de Danza. Todos eles desprazáronse nos últimos meses ata A Coruña para traballar directamente coas cinco parellas de bailaríns que interpretan 3DTres, así como co resto do equipo artístico.

O espectáculo constrúese arredor de tres creacións ben diferenciadas en canto a música, temas, vestiario e postas en escena, que teñen como denominador común a técnica empregada polas cinco parellas que as interpretan: un estilo totalmente contemporáneo, desenvolvido sobre a sólida base da danza clásica. A montaxe inclúe a posta en marcha dunhas xornadas pedagóxicas ás que poderán asistir todos os bailaríns e bailarinas que realicen o seu traballo en Galicia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En