Luces

Témpanos de xeo e ás de bolboreta

"En la campana de la noche hay un búho dormido". Esta é a frase que recibe ao espectador na mostra que dende hoxe pode verse na galería Bacelos de Vigo e na que Vilariño mostra traballos recentes nos que afonda nos temas que sempre marcaron a súa traxectoria. Por primeira vez hai textos que acompañan as pezas fotográficas expostas. É unha novidade, aínda que o artista coruñés sempre tivo en mente facelo porque para el a poesía pode facerse tanto coa pluma como coa cámara.

A sombra dun moucho, un animal da noite, é unha das imaxes máis potentes da exposición, pero Vilariño tamén nos most...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"En la campana de la noche hay un búho dormido". Esta é a frase que recibe ao espectador na mostra que dende hoxe pode verse na galería Bacelos de Vigo e na que Vilariño mostra traballos recentes nos que afonda nos temas que sempre marcaron a súa traxectoria. Por primeira vez hai textos que acompañan as pezas fotográficas expostas. É unha novidade, aínda que o artista coruñés sempre tivo en mente facelo porque para el a poesía pode facerse tanto coa pluma como coa cámara.

A sombra dun moucho, un animal da noite, é unha das imaxes máis potentes da exposición, pero Vilariño tamén nos mostra a beleza inquietante dos témpanos de xeo flotando sobre as augas que anuncian a chegada da tempestade.

"A mostra é unha reflexión poética sobre a desaparición, sobre unha forma de espiritualidade. Trátase de invitar ao espectador a unha experiencia escura", explica o artista. Unhas ás de bolboreta e os paxaros mortos habituais na iconografía de Vilariño son outros dos elementos visuais que atopará o espectador nas salas da galería Bacelos que inaugura hoxe mesmo esta mostra.

Vilariño explica que o feito de retratar animais mortos, habitual ao longo da súa traxectoria, ten que ver co mito grego da gorgona. "O mito consiste en que a persoa que volve a cabeza e mira cara a gorgona queda petrificado. Isto ten moito que ver coa fotografía porque, dalgunha maneira, o que fai o retrato fotográfico e mirar e interrogar pero tamén consegue petrificar. A fotografía é portadora da morte e convértete en pedra", apunta o artista coruñés, quen segue apostando por retratar paisaxes naturais e animais para atopar neles cousas que están presentes na alma humana.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO