Entrevista:CELIA TORRES | Directora de Promoción de Xerais | Luces

"A implicación do Ano Lois nunca a vira"

A principal manifestación cultural de 2011 é, para a directora de Promoción de Xerais, o Ano Lois e todas as súas bisectrices. "Nunca vira manifestacións de persoas, pancartas incluídas, implicadas na recuperación da figura das Letras. Con Lois chegou a modernidade ao 17 de maio".

Destaca tamén Di Elas, o disco da banda homónima que lideran Piti Sanz e Luís Tosar. "Admiro a Tosar por ser un galego de éxito orgulloso de ser galego". Mirando para o que virá, anuncia Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. A primeira novela do autor dirixida ao público adulto leva ...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

A principal manifestación cultural de 2011 é, para a directora de Promoción de Xerais, o Ano Lois e todas as súas bisectrices. "Nunca vira manifestacións de persoas, pancartas incluídas, implicadas na recuperación da figura das Letras. Con Lois chegou a modernidade ao 17 de maio".

Destaca tamén Di Elas, o disco da banda homónima que lideran Piti Sanz e Luís Tosar. "Admiro a Tosar por ser un galego de éxito orgulloso de ser galego". Mirando para o que virá, anuncia Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. A primeira novela do autor dirixida ao público adulto leva unha mensaxe "de esperanza na recuperación da dignidade humana". No seu sector, a trécola da crise dificulta aínda máis a distribución. "Ademais dos recurtes públicos, o negocio da cultura está sometido á falta de fluidez do diñeiro que parte dos bancos. Iso estrangula as librarías, sobre todo as pequenas, e a un tempo a distribución do libro galego, xa de seu difícil".

Más información
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En