Entrevista:GORETTI SANMARTÍN | Filóloga | Luces

"Cómpre reaxir contra quen afoga a disidencia"

Por xéneros, a profesora de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña escolle o poemario Todas as mulleres que eu fun (Corsárias), de Andrea Nunes Brions; A poutada do oso, de Lois Diéguez (Laiovento), e o ensaio de Teresa Moure Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética, publicado pola UdC. A lingüista cimenta a súa escolla "por partillaren as tres obras unha idea básica de reivindicación que se concreta no compromiso, individual e colectivo, con causas que son fundamentais na construción da nosa contemporaneidade: a paisaxe, a natureza, a ética, a defensa da lingua, o fe...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

Por xéneros, a profesora de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña escolle o poemario Todas as mulleres que eu fun (Corsárias), de Andrea Nunes Brions; A poutada do oso, de Lois Diéguez (Laiovento), e o ensaio de Teresa Moure Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética, publicado pola UdC. A lingüista cimenta a súa escolla "por partillaren as tres obras unha idea básica de reivindicación que se concreta no compromiso, individual e colectivo, con causas que son fundamentais na construción da nosa contemporaneidade: a paisaxe, a natureza, a ética, a defensa da lingua, o feminismo...". Segundo a autora do ensaio Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación (Xerais, 2009) "a verdadeira crise desde hai anos está na falta de lectura, de debate e de reflexión". "A práctica de afogar as voces disidentes -e as linguas dominadas- pretende realizar unha homoxeneización contra a que o mundo da cultura debe reaxir".

Más información
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En