Luces

Vigo acolle aos grandes mestres da pintura

Despois de pasar o Nadal en Compostela cunha excelente acollida de público, a xira dos clásicos da arte de todos os tempos recala no Centro Cultural de Novacaixagalicia en Vigo, onde, ata o vindeiro 20 de marzo, se pode visitar a mostra Colección Zanchi. Grandes Mestres. A exposición reúne 40 obras datadas entre os séculos XV e o XIX, procedentes dos fondos da colección privada formada polo empresario suízo Jean Zanchi, e continuada polos seus descendentes, que atesoura un catálogo inxente integrado por cerca dun milleiro de pezas adscritas ás correntes artísticas máis influíntes da art...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Despois de pasar o Nadal en Compostela cunha excelente acollida de público, a xira dos clásicos da arte de todos os tempos recala no Centro Cultural de Novacaixagalicia en Vigo, onde, ata o vindeiro 20 de marzo, se pode visitar a mostra Colección Zanchi. Grandes Mestres. A exposición reúne 40 obras datadas entre os séculos XV e o XIX, procedentes dos fondos da colección privada formada polo empresario suízo Jean Zanchi, e continuada polos seus descendentes, que atesoura un catálogo inxente integrado por cerca dun milleiro de pezas adscritas ás correntes artísticas máis influíntes da arte europea.

A excepcionalidade marca esta pinacoteca celosamente gardada no búnker dunha entidade bancaria e que só nunha ocasión anterior, hai 15 anos no Xapón, foi exhibida perante o público. O seu percorrido supón unha viaxe a través de cinco séculos por todo o continente, desde a Madonna de Andrea Mantegna até o romanticismo de Turner. A lección maxistral, que se presentará para escolares e familias mediante o habitual programa de actividades didácticas da Obra Social, abrangue outras xoias da escola italiana, como A incredulidade de Santo Tomás de Caravaggio, e a estrela da colección, Atropos, a única escultura de bronce coñecida de Miguelanxo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En