Entrevista:ANTÓN LOPO | Escritor | Luces

"Non desconfío máis da razón ilustrada ca do caos"

Obediencia (Galaxia) é a primeira novela de Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) dende Ganga. Entre Gulliver, a Metrópole de Fritz Lang e Blade Runner, o escritor perfila unha fábula sobre as sociedades posdisciplinarias en que Galicia é república independente, os resistentes agóchanse en Alemparte -provincia de Lugo- e a Igrexa católica transmutouse en Empresariado Relixioso.

Pregunta. A quen deben obediencia os seus personaxes?

Resposta. Un traballo de Milgram sobre a autoridade, en Yale, proba que os individuos cumpren ordes mes...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Obediencia (Galaxia) é a primeira novela de Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) dende Ganga. Entre Gulliver, a Metrópole de Fritz Lang e Blade Runner, o escritor perfila unha fábula sobre as sociedades posdisciplinarias en que Galicia é república independente, os resistentes agóchanse en Alemparte -provincia de Lugo- e a Igrexa católica transmutouse en Empresariado Relixioso.

Pregunta. A quen deben obediencia os seus personaxes?

Resposta. Un traballo de Milgram sobre a autoridade, en Yale, proba que os individuos cumpren ordes mesmo se están fóra do seu código ético. Milgram tiña curiosidade por saber por que tantos alemáns participaran do nazismo. A autoridade, concluíu, é independente de quen a manteña. Isto sínteno os personaxes.

"Obediencia' é unha novela irónica, como 'Un mundo feliz' de Huxley"
"Esta novela non é máis subversiva que unha de Isabel Allende
"Esta sociedade prepara o terreo para que só triunfen os especuladores"
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

P. A obra sucede nunha república galega independente, escura, opresiva...

R. Non é máis negativa que o escenario actual. Os nosos signos de identidade están ameazados. Había consenso sobre que o galego era a lingua do país. Os que aceptaran ese consenso de mala gana, desfixérono. Non só deixaron de recoñecer que a lingua propia de Galicia é o galego, senón que din que o castelán é lingua natural do país: pode ser calquera cousa menos natural.

P. Pero en Obediencia, o idioma oficial e do poder é o galego.

R. Si, o castelán nada máis se fala en remotas aldeas de Cantabria. Na Meseta fálanse dialectos derivados do inglés mesturados con algún castelán, que deixou de ter relevancia comercial e mesmo política.

P. Non imaxina outra alternativa para unha Galicia independente?

R. Podo imaxinar mesmo que non exista alternativa. Pero concibo Obediencia como unha novela irónica. Eu non deixo de ver Un mundo feliz, de Huxley, como unha obra irónica.

P. Terribelmente irónica.

R. Si, pero a anticipación, o xénero fantástico, desde As viaxes de Gulliver, ten humor. Talvez o título, Obediencia, despista. O cristianismo inculcounos que obedecer era un valor. Neste caso, trátase de que non abonda coa independencia, pola que moitos cidadáns, dende 1846, entregaron a vida. Hai que xestionala, seguir soñando.

P. A independencia como medio para unha sociedade mellor?

R. Non exactamente. En África, supuxo a independencia respecto da metrópole pero a integración nas estruturas das empresas da metrópole. En Obediencia vaise producir un referendo de subsidariedade para que a Confederación poida vetar a representación exterior da República. Non podemos renunciar a nada e a República renuncia ao control do territorio. A renuncia, nunca.

P. Obediencia debuxa unha sociedade de control total. Onde están as liñas de fuga?

R. Non é tan diferente á situación actual, tomada polas cámaras de vixiancia e a Rede. Na novela, o material de construción foi substituído por material fotoinformativo que grava os movementos. E existen axentes ecoicos que transmiten o que os circuítos fotoinformativos non dan. Crea mesmo os seus inimigos para que ninguén teña oportunidade de ser inimigo. Os únicos capaces de rebelarse son os brulls, seres concibidos para o control e que potencian a rebelión. Esta sociedade prepara o terreo para que todos os triunfadores sexan especuladores e só eles se rebelen.

P. Na novela, as matemáticas parecen simbolizar a ansia do poder polo control absoluto. Desconfía da razón ilustrada?

R. Non desconfío máis da razón ilustrada que do caos. Repito, Obediencia é unha novela de aventuras, irónica, pode ser unha parábola...

P. En Alemparte, zona á marxe do control da República, as relacións humanas semellan máis reais. A liberdade está na desorde?

R. Pero en Alemparte os mineiros morren, os pousadeiros cribados polas gaivotas, o único paxaro que sobrevive...

P. O paxaro tamén é simbólico?

R. [Ri] E no interior da República tamén existen historias de amor intensas. Non vexo máis realidade nun lugar que noutro. Si que Alemparte é humana, fráxil, dolorosa.

P. Fala de novela de aventuras, pero leva unha profunda carga política. O xénero resulta máis acaído para comunicala?

R. Unha teleserie tan popular como 24 horas ten unha carga política grandísima. A realidade está tan achegada a nós que a vemos aséptica. Pero o bombardeo de novelas, de filmes, da Rede, dos medios, orientado a unha única ideoloxía e á fixación dos límites dun sistema de poder, é moito máis político que Obediencia. Estraña de Obediencia que fala da independencia de Galicia.

P. Pero o molde xenérico contribúe a comunicar un discurso subversivo?

R. Entre aspas, sería o molde dun best-seller. A maioría dos bos best-sellers son socialdemócratas, non reaccionarios. O Estado do benestar non é reaccionario, senón un capricho concedido polo capitalismo aos seus fillos rojeras mentres existía a Unión Soviética. Coido que o best-seller foi un vehículo de propaganda e eu, na novela, ríome diso. Aínda que a socialdemocracia pode achegar moito aire nesta asfixiante invasión de descerebrados neoliberais. Pero esta novela non é máis subversiva que unha de Isabel Allende [ri].

P. Falta imaxinación proxectiva na literatura galega?

R. Houbo bastante, se o miras friamente: Carlos Mella, Ferrín, Darío Xohán Cabana, Isidro Novo... Pero nesta literatura desprezada, na que o propio presidente do país nunca falou dun escritor galego vivo, é tan difícil vernos... Estamos illados e temos unha cultura sen un Estado que respalde a nosa historia.

P. Esa situación periférica non presenta tamén vantaxes á hora de escribir?

R. A vantaxe que de ser un outsider nunha sociedade capitalista socialdemócrata. Podes construír a túa obra sempre que non te organices. Pero falaba de que existe un Estado, o español, pétreo, que nega a posibilidade do federalismo...

P. Nega a súa pluralidade.

R. Claro. O Estado español non é unitario, non ten unha soa lingua, unha soa cultura... O gran fracaso de España é non aceptarse como é. Como un homesexual que nega a súa homsexualidade.

P. A súa narrativa trata sobre a dominación biopolítica. A literatura é funcional para fuxir da opresión?

R. Non fago literatura de autoaxuda, pero tampouco escribo literatura de autocompracencia e sempre tratei de poñer na mesa problemas reais da xente, como di Rajoy [ri]. Reflectilos é un elemento para presionar.

P. A literatura mundial, se tal cousa existe, recupera o gusto por paixases postapocalípticas. A que cre que se debe?

R. Vou falar de min. Son fillo da Guerra Fría, da ditadura, cando a ciencia ficción despega, e para nós é unha chave familiar para comprender o noso tempo e as súas formas políticas.

Archivado En