Luces

Autor de combate e resistencia

Dar a coñecer un autor galego contemporáneo "imprescindible e fascinante" pero que empezaba a ser un completo descoñecido para as novas xeracións foi o que motivou a tamén poeta e filóloga Yolanda Castaño a dedicar dous anos a recompilar, estudar e editar a obra poética completa de Farruco Sesto Novás. O hoxe ministro do Poder Popular para a Cultura de Venezuela e arquitecto destacado apenas é coñecido na súa primeira patria, e aínda menos como poeta "de combate", como autor de versos "cargados de resistencia", que durante máis de tres décadas nunca deixou de escribir na súa lingua natal.
...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"A súa poesía ten as palabras máis luminosas e tamén as máis fortes, duras como seixo", decía deste "venezolano vigués" o seu compañeiro Celso Emilio Ferreiro. E, como recordou onte o presidente da Real Academia Galega, Xosé Lois Méndez Ferrín, era unha débeda que na súa "patria primixenia", aquela onde distribuía a súa obra na clandestinidade da ditadura franquista, se publicase e recuperase toda esa bagaxe poético. Incluídas as "obras extravagantes, non recolleitas ata o de agora" dun autor reivindicativo e tan comprometido coa súa patria natal, que deixou con 18 anos, como co país que o acolleu en América.

"Un patriótico venezolano e galego para quen só a cultura fai libre un pobo", destacou Castaño na presentación do libro de Sesto Novás que onte á noite reuníu na sede da Academia, entre outros, a Isaac Díaz Pardo, Xosé Manuel Beiras ou Celso Portela. Un acto que ademais de para gabar a figura e a obra poética de Farruco Sesto Novás, tamén serviu para trazar e encomiar a sorprendente e destacada "traxectoria humana e política" dun home que só pode despertar admiración, salientou Miguelanxo Fernán-Vello, responsable da editorial Espiral Maior que publica a retrospectiva da obra poética do ministro galego de Hugo Chavez.

Yolanda Castaño, quen ata recuperou poemas perdidos en caixóns esquecidos, corrixiu e actualizou, con permiso do autor, o idioma dos seus versos. "Pero sempre mantendo a pátina do tempo para conservar esa rica evolución" do galego de Sesto, que vai desde o léxico enxembre e casi arcaico das súas primeiras obras ata un idioma cunha inevitable influenza do castelán, ó que mesmo incorporou "americanismos ou venezolanismos" que se explican nun glosario que acompaña este libro, "un exemplo da lealdade crítica dun home a un país e a unha lingua".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO