ALBERTO LEMA | Luces

"Balbino é o noso Huckleberry Finn"

Xosé Neira Vilas non é Mark Twain pero Balbino, o rapaz de aldea e ademais pobre, si que presenta feitura de Huckleberry Finn. Eis a tese de Alberto Lema (Vimianzo, 1975), quen rescata a un dos máis célebres personaxes da literatura americana para falar do protagonista de Memorias dun neno labrego: "É o noso Finn, e o tema do descubrimento do mundo, da novela de aprendizaxe, nunca se deixará de practicar". "É posíbel que para algúns a localización do libro sexa equivalente á Roma imperial dunha novela histórica", ironiza, "pero ten máis actualidade da que se sospeita".

Lema confe...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Xosé Neira Vilas non é Mark Twain pero Balbino, o rapaz de aldea e ademais pobre, si que presenta feitura de Huckleberry Finn. Eis a tese de Alberto Lema (Vimianzo, 1975), quen rescata a un dos máis célebres personaxes da literatura americana para falar do protagonista de Memorias dun neno labrego: "É o noso Finn, e o tema do descubrimento do mundo, da novela de aprendizaxe, nunca se deixará de practicar". "É posíbel que para algúns a localización do libro sexa equivalente á Roma imperial dunha novela histórica", ironiza, "pero ten máis actualidade da que se sospeita".

Lema confesa que esta foi a súa primeira lectura, aos dez anos, en galego. "Daquela pasaron desapercibidos aspectos que logo se me fixeron evidentes: o conflicto de clase que se mestura co cultural, o caciquismo", engade. Para o autor d'A fame fatal, en que hai homenaxe explícita a Balbino, en Neira Vilas non existe idealismo rural -"ao contrario de, por caso, El camino de Delibes"- e a obra trata temas semellantes aos da narrativa poscolonial.

Más información
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En