Luces

O Sindicato de Directores de EE UU premia a un galego

"Hai más de nove millóns vivindo nos Estados Unidos. Arriscan a súa vida por chegar a este país. Non os odiamos. Soamente os queremos fóra do noso país". Con estas palabras anuncia o tráiler de Escape, unha curta do compostelán Andrés Rosende, a historia de dous latinos, Alicia e Guillermo, en situación irregular en Estados Unidos e, por se fora pouco, vampiros. O filme de Rosende vén de facerse cun dos premios do Sindicto de Directores de América á mellor obra cinematógrafica de estudantes latinos. O Director's Guild of America Student Film Award recoñece o labor de directores n...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"Hai más de nove millóns vivindo nos Estados Unidos. Arriscan a súa vida por chegar a este país. Non os odiamos. Soamente os queremos fóra do noso país". Con estas palabras anuncia o tráiler de Escape, unha curta do compostelán Andrés Rosende, a historia de dous latinos, Alicia e Guillermo, en situación irregular en Estados Unidos e, por se fora pouco, vampiros. O filme de Rosende vén de facerse cun dos premios do Sindicto de Directores de América á mellor obra cinematógrafica de estudantes latinos. O Director's Guild of America Student Film Award recoñece o labor de directores novos que residen en Estados Unidos e forman parte das minorías latina, afroamericana e asiática. Rosende recollerá o premio -2.500 dólares, uns 1.800 euros- o martes da semana que vén.

Os chuchasangues sen papeis -detrás dos que se recoñece o drama de moitos inmigrantes irregulares que entran en territorio estadounidense a través da fronteira mexicana- agóchanse nunha casa abandonada para escapar da persecución da policía americana. "Desgraciadamente, os americanos non aceptan esta raza que ven a 'chuchar o sangue' do país", explica Rosende.

Non é esta a primeira película que o director compostelán realiza en Estados Unidos. O seu anterior traballo, Snapshots (2009) -unha amalgama de sete historias de amor na cidade de Nova York-, estreouse no South by Southwest, un certame de cinema e música que se celebra en Texas. Rosende reside dende 2006 en Nova York, onde realiza estudos de mestrado sobre dirección cinematográfica na Universidade de Columbia. O ano que vén, Rosende, bolseiro da Fundación Barrié de la Maza, comezará a rodar unha nova película, Mr Bear, que será tamén o seu traballo de fin de mestrado en Columbia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En