Luces

'Retranca' estará impresa para a visita do Papa

O último número da revista satírica Retranca chegará a tempo para a visita do Papa. Segundo o director da publicación, o humorista Kiko da Silva, xa atoparon unha empresa zaragozana que imprimirá os exemplares. Agardan que o martes xa estean en distribución. Amais, haberá unha pequena edición dixital de urxencia para celebrar o domingo o "terceiro cabodano" da revista.

A empresa murciana á que encargaran a impresión en primeiro lugar, Jiménez Godoy, negouse a entregar os exemplares escudándose na súa moral católica, xa que o novo número está dedicado a satirizar a vista do papa B...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

O último número da revista satírica Retranca chegará a tempo para a visita do Papa. Segundo o director da publicación, o humorista Kiko da Silva, xa atoparon unha empresa zaragozana que imprimirá os exemplares. Agardan que o martes xa estean en distribución. Amais, haberá unha pequena edición dixital de urxencia para celebrar o domingo o "terceiro cabodano" da revista.

A empresa murciana á que encargaran a impresión en primeiro lugar, Jiménez Godoy, negouse a entregar os exemplares escudándose na súa moral católica, xa que o novo número está dedicado a satirizar a vista do papa Bieito XVI a Galicia. A dirección da compañía negou a EL PAÍS ter impreso os exemplares, mais en declaracións a La Verdad de Murcia, un dos directivos da imprenta recoñece ter o número de Retranca xa en papel, mais néganse a entregalos.

Kiko da Silva enviou un burofax á Jiménez Godoy que ten até hoxe para contestar. Se non reciben resposta da empresa, non descartan levar o caso aos tribunais.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En