Entrevista:XABIER LÓPEZ LÓPEZ | Escritor | Luces

"Un Goberno non acaba cunha literatura, pero todo incide"

Xabier López López (Bergondo, 1974) foi, durante os últimos anos, como a maioría dos escritores, un home cunha dobre vida, ou polo menos con dúas dedicacións. Este avogado, experto en dereito urbanístico, asumía parte do día o papel de político (foi responsable de Urbanismo de Betanzos, cargo na Xunta e portavoz municipal do BNG). O resto dedicábao á súa obra literaria, que comezou en 1997 con Biff, Bang, Pow! (novela case negra) e consolidou con Doutor Deus (1999) e A vida que nos mata (2003, Premio da Crítica de narrativa galega). Agora xa non está na Administración e di...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Xabier López López (Bergondo, 1974) foi, durante os últimos anos, como a maioría dos escritores, un home cunha dobre vida, ou polo menos con dúas dedicacións. Este avogado, experto en dereito urbanístico, asumía parte do día o papel de político (foi responsable de Urbanismo de Betanzos, cargo na Xunta e portavoz municipal do BNG). O resto dedicábao á súa obra literaria, que comezou en 1997 con Biff, Bang, Pow! (novela case negra) e consolidou con Doutor Deus (1999) e A vida que nos mata (2003, Premio da Crítica de narrativa galega). Agora xa non está na Administración e dimitiu como voceiro do BNG ("había quen tiña máis ganas ca min de presentarse ás eleccións"). Vén de publicar un libro de relatos, Os libros prestados (Galaxia), catro narracións protagonizadas por un fascista convencido da División Azul, un vendedor de enciclopedias ou un guionista que quere devolver todos os libros que algún día lle prestaron.

"A pouco que te fas maior, daste conta de que as certezas non son tan abraiantes"
"Que achega escribir sobre a relación entre política e construtores?"
"Aprendín na política que a vida é máis complicada do que parece"
"Hai dous anos diría que hai que deixar a resistencia e a militancia cultural"

Pregunta. Do que fala Os libros prestados é da influencia dos libros nos lectores. Mesmo considerou que As vidas prestadas non sería mal título.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Resposta. A idea era, e a foto da portada refórzaa, que suxerise un ensaio. Cítanse uns noventa autores, pero a xeito de comodíns, para falar de xente relacionada cos libros. Os libros non deixan de ser aínda parámetros de conduta, non coa intensidade de Madame Bovary ou o Quixote, pero teñen unha influencia na xente bastante notable.

P. En xente da súa xeración, non inflúen máis o cine ou a televisión?

R. E os videoxogos, pero a literatura é anterior aos libros. E falar de literatura é máis interesante que falar de DVDs. No fondo, todo é narrativa.

P. Por que un libro de relatos logo de sete novelas? A evolución normal parece a contraria.

R. Novela vén de novidade. Quería facer algo distinto. Quería ver ata que punto podía depurar a estrutura, aínda que non deixa de ser algo enganoso, porque o proceso creativo é o mesmo, con máis concreción. E xa A estraña estrela

[publicada en 2003, en portugués en 2004] era unha suma de relatos co mesmo personaxe.

P. No blog sobre Os libros prestados fala de que cada vez ten máis a sensación de que a vida é como un sucedáneo da vida real.

R. É que, cando vivimos, xa nos contan como deberá ser a nosa vida, e logo ves que o que se espera diso, sexa acabar unha carreira ou ser pai, é máis importante do que realmente pasa. A pouco que te fas maior, dáste conta de que as certezas non son tan abraiantes, e que dous máis dous non son sempre catro. Que os veráns non son tan plenos e quentes como os veráns de neno.

P. As vidas xa non son novelas, senón unha suma de relatos, como n'A estraña estrela?

R. Falta o nexo. A nosa memoria é selectiva e é raro que poidamos contar a nosa traxectoria como novela. Hai unha teoría do coñecemento que considera a vida como unha serie de unidades narrativas, o que casa con esta sociedade sobreinformada e cos novos lectores, que len fragmentos e escollen nunha nube de textos, máis que seguir unha secuencia lineal.

P. Con eses parámetros e coa súa idade, parecería destinado a pertencer a esas xeracións literarias con nome de merenda, pero a súa escrita é máis canónica.

R. Unha cousa é como podo entender o mundo, e outra como me gustaría que fose. Hai xente que é capaz de facer literatura fragmentaria, microrrelatos, pero cando se perde o canon, é difícil de ver que é literatura e que non. Se a vida se traduce en pés de foto, ás veces hai algo máis. E se a foto é boa, quizais sobre o pé.

P. A súa ópera prima, Biff, Bang, Pow!, era unha novela negra. Co éxito do xénero e coa súa formación académica e a súa experiencia no urbanismo, non se arrepinte de non seguir por aí?

R. A primeira novela era máis paródica que negra. Negra era A vida que nos mata, pero tivo certo éxito, sobre todo o seu protagonista, Sebastián Faraldo, e non me apetecía facer outra sen ese personaxe. Ademais, eu procuro separar dereito e literatura, a literatura divírteme e o dereito non. E tes que ser orixinal: todos temos na cabeza esas relacións perigosas entre política e construtores, son un cliché. Que achegaría unha novela así?

P. E como se conxuga a política coa literatura?

R. A miña experiencia política foi froito da casualidade, e fun quen de separar a miña devoción da miña opción. Serviume para coñecer algo que moitos escritores non saben, que a vida é máis complicada do que parece e que podes ser moi elocuente defendendo algo, pero non vale de nada se os que votan enfronte son máis.

P. E como escolleu Urbanismo e non Cultura?

R. Porque o PSOE non soltou Cultura. Seguramente me prestaría máis, pero o urbanismo tamén é interesante. Cando vou ver á miña irmá, que é científica en Suíza, desas que non van dar traído co que lles ofrecen, e vive en Basilea, a carón de Alemaña, vexo as posibilidades do urbanismo nun país arrasado por unha guerra. Vexo o que podería ser Galicia. Pero aquí [estamos nunha rúa das que el peatonalizou e pola que, porén, agora pasa de vez en cando algún coche] facer urbanismo é entrevistarse cun veciño que quere poñer o rótulo que lle peta, ou que non entende que necesita un permiso antes de abrir un negocio. A primeira palabra que tes que utilizar sempre é "non", e acabas enemistado co mundo, aínda que na presentación do libro o outro día estaba xente da asociación de empresarios, todos os concelleiros socialistas, independentes, a metade dos do BNG...

P. Como ve a literatura galega?

R. Hai dous anos, diría que habería que deixar a resistencia e a militancia cultural. Que unha literatura normalizada non debe ter ningún condicionante, e que o feito de optar por un idioma xa é abondo. Pero as estruturas culturais resultaron ser máis fráxiles do que pensabamos. A literatura non se acaba por un goberno, pero outra cousa é a incidencia que poden ter determinadas medidas á hora de transmitir a creación á xente. Iso de que a verdade se abre paso á luz polos seus propios medios é moi relativo. Se non se venden libros de texto en galego, as editoriais non poden publicar, nin en galego nin en nada.

Archivado En