PITI SANZ | Los Contentos | Luces

"As letras actuais teñen máis 'chicha'

Ao que fora guitarrista e cantante de Los Contentos, Piti Sanz, parécelle que no recordo divertido dos primeiros Siniestro hai tema epocal. "Daquela había unha ruptura de moitas cousas, pero a súa evolución non hai que tomala como algo negativo".

A banda luguesa editara dous elepés -o homónimo e Los Contentos 2 (1990), ambos en Sons Galiza- coas primeiras adaptacións galegas de 13th Floor Elevators ou MC5. "Tiñamos máis bolos en Madrid que aquí, de feito coincidiamos con Julián en Malasaña". Dacabalo agora entre a música por afección -toca en The Ellas con Luís Tosar- e os trabal...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Ao que fora guitarrista e cantante de Los Contentos, Piti Sanz, parécelle que no recordo divertido dos primeiros Siniestro hai tema epocal. "Daquela había unha ruptura de moitas cousas, pero a súa evolución non hai que tomala como algo negativo".

A banda luguesa editara dous elepés -o homónimo e Los Contentos 2 (1990), ambos en Sons Galiza- coas primeiras adaptacións galegas de 13th Floor Elevators ou MC5. "Tiñamos máis bolos en Madrid que aquí, de feito coincidiamos con Julián en Malasaña". Dacabalo agora entre a música por afección -toca en The Ellas con Luís Tosar- e os traballos para o audiovisual -ponlle música a 18 comidas, a película de Jorge Coira-, Sanz considera que o que lles medrou dentro aos Siniestro é "o rhythm'n'blues". "Canto ás letras, a min paréceme que teñen máis chicha agora. En calquera caso, son un referente, e máis para os que escriben temas en castelán ou en galego".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO