O LEO | Cantautor punk | Luces

"Coppini é o cantante que máis me gusta"

A O Leo (de O Leo i Arremecághona) tamén lle gustan máis os primeiros discos, con aquela presenza escénica -ao punk polo dadá e ao revés, con polos colgando- de Germán Coppini. "Como cantante punk é o que máis me gusta, pero é que Coppini rachou co concepto de cantar ben". Ademais das primicias, ao autor de Suspiros de kaña interésalle de Siniestro a súa comprensión do punk. "Os Pistols teñen retranca a eito, pero na tradición punk estatal pouca xente se decatou. Eles son o encontro do humor inglés e a retranca galega. Só Evaristo (o cantante de La Polla Records) fixo algo así, n...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A O Leo (de O Leo i Arremecághona) tamén lle gustan máis os primeiros discos, con aquela presenza escénica -ao punk polo dadá e ao revés, con polos colgando- de Germán Coppini. "Como cantante punk é o que máis me gusta, pero é que Coppini rachou co concepto de cantar ben". Ademais das primicias, ao autor de Suspiros de kaña interésalle de Siniestro a súa comprensión do punk. "Os Pistols teñen retranca a eito, pero na tradición punk estatal pouca xente se decatou. Eles son o encontro do humor inglés e a retranca galega. Só Evaristo (o cantante de La Polla Records) fixo algo así, non en balde é de orixe galega".

Agora -viunos en 2009 en Castrelos- di respectalos. O himno da URSS e os vídeos da panificadora algo conectan con Fuera las manos chinas del Vietnam socialista. "Son un grupo básico na miña concepción do punk, filtrada por Galicia".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO