EMILIO JOSÉ | Luces

"Eu son máis dos Resentidos"

"A maior influencia de Siniestro Total na miña vida débese a que unha das tres tías máis guapas da miña clase, en 6º de EXB, levaba unha camiseta de Ante todo mucha calma". Emilio José, o músico que o ano pasado revolucionou o indie peninsular con Chorando apréndese, fai memoria e recoñécese "sempre mirando" para a peza da rapaza. "É que eu sempre fun máis dos Resentidos", engade.

Emilio José, porén, non desbota aos de Julián Hernández. Préstalle o ¿Cuándo se come aquí? (1982) -"alucinante, pillaron a época de cheo"-, malia descubrilo fóra de época. "A Sinies...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"A maior influencia de Siniestro Total na miña vida débese a que unha das tres tías máis guapas da miña clase, en 6º de EXB, levaba unha camiseta de Ante todo mucha calma". Emilio José, o músico que o ano pasado revolucionou o indie peninsular con Chorando apréndese, fai memoria e recoñécese "sempre mirando" para a peza da rapaza. "É que eu sempre fun máis dos Resentidos", engade.

Emilio José, porén, non desbota aos de Julián Hernández. Préstalle o ¿Cuándo se come aquí? (1982) -"alucinante, pillaron a época de cheo"-, malia descubrilo fóra de época. "A Siniestro oínos xa despois de 2000", explica, "pero entre os seus contemporáneos prefiro a Desechables, máis escuros". O de Quins, a aldea orensá onde naceu e onde rexistra o seu traballo sonoro, percibe "certa transparencia" na lírica siniestra que desmerece ante a "visceralidade" desechable.

Fóra da etapa movida da banda, Emilio José asegura non saber. "Leo a Julián Hernández no Faro dos domingos", escúsase, "pero non sei que o que están facendo agora; teñen pinta de volvérense moi clasicotes".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO