"Abriron unha fenda en Vigo e no pop galego"
"Máis que reparar no seu peso actual, eu fixaríame na fenda que abriron no pop galego", opina Sara Atán. Para a vocalista dos grovenses Nadadora, recén saído Luz, Oscuridad, Luz (Ernie Records), o seu terceiro longo, "ese pasado facilitounos moitas cousas aos grupos de hoxendía".
Vese en Vigo, por unha parte, "onde se nota moito o paso dos grupos dos 80 que tiveron peso na escea estatal, e na cantidade de xente que montou negocios arredor da música". Siniestro, di, "ten un papel moi importante niso". A ela tamén lle gustan os retallos daquela banda que empezaba, "o descaro e a fr...
"Máis que reparar no seu peso actual, eu fixaríame na fenda que abriron no pop galego", opina Sara Atán. Para a vocalista dos grovenses Nadadora, recén saído Luz, Oscuridad, Luz (Ernie Records), o seu terceiro longo, "ese pasado facilitounos moitas cousas aos grupos de hoxendía".
Vese en Vigo, por unha parte, "onde se nota moito o paso dos grupos dos 80 que tiveron peso na escea estatal, e na cantidade de xente que montou negocios arredor da música". Siniestro, di, "ten un papel moi importante niso". A ela tamén lle gustan os retallos daquela banda que empezaba, "o descaro e a frescura", anque a contemporaneidade dos primeiros 80 non fose a súa.
Se houbese que avaliar o paso do tempo, Atán advirte: "O risco é descontextualizar o que fixeron estes grupos no seu momento. Mesmo cos grupos que escoitabas hai dez anos, que agora non queres velos diante".