Luces

Oito obras na tempada de estrea no CDG de Blanca Cendán

O primeiro programa desenvolvido polo Centro Dramático Galego (CDG) dende que a actriz Blanca Cendán se puxera á súa fronte o pasado mes de maio ten como prato forte unha traxedia. A Salomé de Wilde, nunha produción propia dirixida por Carlos Santiago e interpretada por Pepe Penabade, María Mera, María Salgueiro, Hugo Torres, Marcos Correa e Alberto cabarcos, estrearase o vindeiro 26 de novembro no Salón Teatro.

É o espectáculo máis destacado dos 17 que ocuparán a carteleira da sala compostelá dende hoxe -Life is a paripé, de Obras Públicas, abre esta noite a programación-...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O primeiro programa desenvolvido polo Centro Dramático Galego (CDG) dende que a actriz Blanca Cendán se puxera á súa fronte o pasado mes de maio ten como prato forte unha traxedia. A Salomé de Wilde, nunha produción propia dirixida por Carlos Santiago e interpretada por Pepe Penabade, María Mera, María Salgueiro, Hugo Torres, Marcos Correa e Alberto cabarcos, estrearase o vindeiro 26 de novembro no Salón Teatro.

É o espectáculo máis destacado dos 17 que ocuparán a carteleira da sala compostelá dende hoxe -Life is a paripé, de Obras Públicas, abre esta noite a programación- ata finais de ano. "A obra ten como eixes a dualidade entre a imaxe pública e a esfera privada e o rol feminino de Salomé", resume Santiago, que, segundo explicou onte na rolda de prensa de presentación da nova tempada, serviuse do "concepto musical" co que a traxedia foi concibida polo autor dublinés para producir a súa adaptación.

As compañías Lagarta Lagarta, con Cásting (a comedia); Teatro do Noroeste, con Historias peregrinas; Ónfalo Teatro, con Na meta (sálvese quen poida); Elefante Elegante, con In; Redrum Teatro, con A Pensión e Producións Artísticas, con Alicia & Alicia, completan o programa dramático para o que resta de ano. Teatro infantil, festivais ou actuacións musicais -o ciclo ST Música Presente ofrece concertos de Niño y Pistola, Bruma e Silvia Penide- tamén desfilarán polo escenario do Salón Teatro.

Un programa que, segundo o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, amosa o "compromiso" do CDG con "todas as propostas", dende a creación ata a exhibición. Varela fixo especial fincapé no traballo da compañía pública para procurar "unha maior proxección exterior" da escena galega.

Ademais de presentar a nova programación, o conselleiro e o presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fasero, destacaron outras iniciativas da axencia, como a cesión ás compañías da nave que a Agadic mantén en Santiago ou a estrea dun programa de formación continua para profesionais que comezará cun curso sobre Shakespeare impartido polo actor Alfredo Padilla. Varela anunciou tamén que o CDG ten cerrados acordos de colaboración exterior co Teatro Circo de Braga e o Teatro Acert de Tondela, en Portugal.

Este programa está condicionado, como recoñeceu Cendán ao pouco de ocupar a dirección, polo recorte do 19% que Industrias Culturais aplicou sobre os orzamentos do pasado ano. É ademais o primeiro que conta coas aportacións do novo Consello Asesor do CDG, formado por Gerardo Pereira Menaut, Marcelino de Santiago Kukas, Roberto Taboada, Carlos Neira, Ana Vallés, Alfonso Pato e Xan Cejudo, e que ten como función asesorar á dirección do centro no tocante á programación ou ás novas producións.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En