Luces

'As actas escuras' montaráse "nos prazos previstos"

Nove días despois de decretar a "suspensión temporal" d'As actas escuras, primeira montaxe do Centro Dramático Galego na tempada 2009/2010 ata a destitución de Cristina Domínguez á fronte do teatro institucional, a Axencia Galega das Industrias Culturais comunicou onte que o CDG producirá a obra "nos prazos previstos".

"En ningún momento se considerou a posibilidade de paralización da posta en escena", asegurou o xerente da axencia, Juan Carlos Fasero. Na versión dos implicados, no medio dos recurtes orzamentarios acabáronse atopando recursos dabondo para garantir a estrea. A vin...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Nove días despois de decretar a "suspensión temporal" d'As actas escuras, primeira montaxe do Centro Dramático Galego na tempada 2009/2010 ata a destitución de Cristina Domínguez á fronte do teatro institucional, a Axencia Galega das Industrias Culturais comunicou onte que o CDG producirá a obra "nos prazos previstos".

"En ningún momento se considerou a posibilidade de paralización da posta en escena", asegurou o xerente da axencia, Juan Carlos Fasero. Na versión dos implicados, no medio dos recurtes orzamentarios acabáronse atopando recursos dabondo para garantir a estrea. A vindeira semana, os responsables de Agadic reuniránse outra vez co equipo que dirixe Xulio Lago para precisar a cuestión contractual.

"Tanto ten que se desdigan ou que recúen", resumiu o presidente de Escena Galega, Ernesto Chao. "O importante é montala". A obra que escribira Roberto Vidal Bolaño, Premio Xacobeo en 1992 e nunca representada ata agora, estrearáse o 15 de xaneiro no Salón Teatro. Co CDG sen director, falta por saber quen asumirá a produción no entanto. Agadic anunciou que o concurso para elixir substituto, previa designación dun xurado, só retrasaría a actividade do teatro público "dous meses como moito".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En