Luces

"Bastante fixemos, vindo de onde viñamos"

En decembro, no cuarto festival Cantos na Maré, en Pontevedra, Cultura presentará un "plan de actuación no ámbito da lusofonía", con iniciativas concretas a curto prazo como "a exposición de fondos do CGAC no Museo de Sao Paulo", di o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, a propósito de proxección exterior. Máis alá, Bará fala de abrir un "proceso de debate e discusión pública sobre o que debera ser a cultura galega no futuro, para fixar obxectivos de xeito consensuado de cara ao período 2010-2020". "En 2009", di, debería acabar de tramitarse o estatuto da Agadic , e aclar...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

En decembro, no cuarto festival Cantos na Maré, en Pontevedra, Cultura presentará un "plan de actuación no ámbito da lusofonía", con iniciativas concretas a curto prazo como "a exposición de fondos do CGAC no Museo de Sao Paulo", di o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, a propósito de proxección exterior. Máis alá, Bará fala de abrir un "proceso de debate e discusión pública sobre o que debera ser a cultura galega no futuro, para fixar obxectivos de xeito consensuado de cara ao período 2010-2020". "En 2009", di, debería acabar de tramitarse o estatuto da Agadic , e aclararse por fin a relación de postos de traballo no organismo que reemprazou ao Igaem. Sobre a Cidade da Cultura como hipoteca, recomenda "abrir un capítulo novo e centrarse no existente, dacordo aos diversos plans directores".

Se o libro fose un epítome da lexislatura, a fase actual sería "de desenvolvemento" da Lei do Libro, de finais de 2006. "Terá que pasar unha xeración ata que se vexa un cambio no hábito de compra de libros. Unha política non se pode medir en tres anos". Na encomenda de facelo, Bará cambia de ton: "Bastante fixemos, tendo en conta de onde viñamos".

A este respecto, quizais o estado do patrimonio cultural sexa o mellor epítome dese punto de partida. "Houbo cambios positivos, pero queda moito por facer", di Fernando Acuña Castroviejo, catedrático de Arqueoloxía, unha das persoas máis críticas coa xestión do patrimonio na época de Fraga. "Fixar unha política arqueolóxica", demanda, aínda é materia pendente, nun dos terreos onde son máis evidentes "monstruosidades do pasado coma os parques arqueolóxicos [Campo Lameiro e San Cibrao de Lás], que agora se están reformando". Neste punto, Felipe Arias, o director xeral de Patrimonio, remarca que o importante é "o patrimonio, non os centros". Despois de dar saída a un feixe de leis e normativas, desde o decreto de protección de bens patrimoniais á Lei de Museos, a primeira reunión da Comisión Técnica de Etnografía e Arqueoloxía -fixada por decreto en 1997- deu pé a falar da necesidade de revisar o decreto que regula as actividades arqueolóxicas en Galicia, e por extensión, "a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia", de 1995. Xa non será nesta lexislatura.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO