Reportaje:LUCES

Aberto por vacacións

O MARCO de Vigo estrea programación para os meses de verán

O último reto do Museo de Arte Contemporánea de Vigo é conseguir que a visita ao museo sexa un costume incorporado con naturalidade á vida cotiá e semella que no verán eses esforzos multiplícanse. Hai menos dunha semana que a entrada ao MARCO é gratuíta, cuestión que axudará a derrubar non poucas barreiras verbo da creatividade contemporánea. A proba é que só na primeira fin de semana da gratuidade o número de visitantes medrou nun 20%.

Os responsables do museo idearon propostas para introducir este tipo de formación no desenvolvemento cognitivo dos nenos e nenas. Os obradoiros infantís...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O último reto do Museo de Arte Contemporánea de Vigo é conseguir que a visita ao museo sexa un costume incorporado con naturalidade á vida cotiá e semella que no verán eses esforzos multiplícanse. Hai menos dunha semana que a entrada ao MARCO é gratuíta, cuestión que axudará a derrubar non poucas barreiras verbo da creatividade contemporánea. A proba é que só na primeira fin de semana da gratuidade o número de visitantes medrou nun 20%.

Os responsables do museo idearon propostas para introducir este tipo de formación no desenvolvemento cognitivo dos nenos e nenas. Os obradoiros infantís de verán son un éxito desde que naceron en 2004 e descubríronlle aos cativos que a ilustración de libros podía ser unha aventura apaixonante. Despois viñeron as matemáticas e a multiculturalidade. Este ano toca viaxar por Francia, coa Novos horizontes que escolma traballos de creadores galos con proxección internacional. Unha volta á Galia percorre a historia, lugares, sociedades e expresións artísticas do país europeo. No seu periplo, os participantes, que deberán realizar un diario da viaxe, contarán coa axuda dunha máquina do tempo e as indicacións dun guía chamado Vercingetorix. Até o vindeiro 8 de setembro, os pequenos de 3 a 8 anos serán os visitantes máis habituais entre as doce e as dúas da tarde. As prazas están limitadas a 40 participantes por orde de chegada e o programa de actividades está artellado en forma de sesións monográficas.

O edificio enteiro pasará os vindeiros meses ocupado na súa totalidade, de xeito que o MARCO non pecha por vacacións. Hoxe ábrense ao público tres exposicións que se suman ás dúas que xa estaban en cartel: Retratos doutro século, A viaxe dislocada e Doppelgänger. Na galería do primeiro andar exhíbese unha selección de retratos procedentes da Colección Fotográfica do Concello de Vigo, máis de vinte artistas entre os que figuran Manuel Ferrol, Virxilio Viéitez ou Ricard Terré e que reflicten o papel da fotografía como mediadora e testemuña do devir histórico. A segunda proposta, A viaxe dislocada, compila traballos de videocreadores, Xoán Anleo entre eles, que deitan a súa ollada crítica sobre diversos conceptos de viaxe partindo do turismo e dos movementos migratorios.

Doppelgänger, o dobre da realidade é o proxeto gañador do premio MARCO 2006 para novos comisarios. Segundo o director do museo, Iñaki Martínez Antelo, "o galardón é unha oportunidade única para empezar a desenvolver unha carreira profesional". Ademais da dotación económica de 5.000 euros, o premio é a creación dunha exposición de envergadura, con posibilidade de acceder a artistas internacionais e coa edición dun catálogo. A convocatoria camiña pola súa segunda edición, outra vez cunha numerosa resposta internacional. Un correo electrónico desde Bélxica tróuxolle a Montserrat Albores Gleason (México DF, 1974) a noticia do concurso. Autora de varias montaxes en galerías de México e de Estados Unidos, acadou o premio cun proxecto que, entre as súas referencias, ten en conta as ideas do pintor belga Luc Tuymans sobre as falsificacións "auténticas" e a inexistencia da creación de obxectos orixinais.

Con pezas de oito artistas, Albores crea un contexto para facer preguntas sobre unha realidade que se reescribe de continuo e mesmo perde o seu primeiro referente. "A creación artística contemporánea", sospeita a comisaria, "non crea imaxes illadas senón que investiga as cadeas de fenómenos. Non importa onde quedou o orixinal nin se pregunta se existe". Como o que leva ao valenciano Javier Téllez a refacer o mito de Edipo con elementos do western e notas freudianas en Tebas, 1856.

O MARCO, no que será un verán laborioso, prepara o seu quinto aniversario cunha mostra de trinta artistas internacionais sobre o paso do tempo comisariada por Iñaki Martínez Antelo e a portuguesa Isabel Carlos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En