LUCES

O musical desembarca en Galicia

As xiras de 'Cabaret', 'Grease' e 'Fama' chegan a Vigo e Vilagarcía

Hai algúns anos o única xeito de ver un musical en directo era achegarse a unha das grandes capitais. Agora xa non é necesario porque as grandes montaxes realizan xiras que permiten contemplar estos espectáculos por moitas cidades. Os interesados neste tipo de acontecementos terán a oportunidade de rememorar tempos pasados con dúas montaxes baseadas en filmes de éxito nos anos 80, Fama e Grease. A terceira ocasión chegará coa dun dos musicais máis famosos da historia, Cabaret, un espectáculo que xa visitou Galicia a principios deste ano e que acadou un gran éxito durante os 33 me...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Hai algúns anos o única xeito de ver un musical en directo era achegarse a unha das grandes capitais. Agora xa non é necesario porque as grandes montaxes realizan xiras que permiten contemplar estos espectáculos por moitas cidades. Os interesados neste tipo de acontecementos terán a oportunidade de rememorar tempos pasados con dúas montaxes baseadas en filmes de éxito nos anos 80, Fama e Grease. A terceira ocasión chegará coa dun dos musicais máis famosos da historia, Cabaret, un espectáculo que xa visitou Galicia a principios deste ano e que acadou un gran éxito durante os 33 meses que permaneceu en cartel en Madrid, onde superou os 900.000 espectadores.

O auditorio municipal de Vilagarcía acollerá dúas funcións diarias deste musical entre o 12 e o 15 de xullo. A atmósfera do Kit Kat Klub berlínés é o escenario no que trinta artistas recrean o ambiente que se vivía na capital alemá nos anos nos que Adolf Hitler ascendía ao poder. Aínda que a imaxe de Cabaret sempre estará asociada á figura de Liza Minnelli pola súa interpretación de Sally no cine, a versión do musical realizada en España satisfará aos que disfrutaron coa película.

O musical Grease poderá verse no auditorio Caixanova de Vigo, tamén en dobre función, o vindeiro 7 de xullo. Ao longo de perto de dúas horas o público poderá seguir as aventuras amorosas dun grupo de estudiantes nun instituto estadounidense. O ambiente dos anos 50 está perfectamente reflectido nunha montaxe que lembrará aos inesquecibles John Travolta e Olivia Newton-John, que protagonizaron a película orixinal.

A versión musical de Fama chegará ao mesmo escenario vigués entre o 19 e o 22 de xullo. A historia dun grupo de estudantes de música e baile que fascinou durante moitos anos a milleiros de seguidores en todo o mundo convértese agora nun espectáculo no que as condicións físicas dos bailaríns e as habilidades vocais dos cantantes serán os maiores atractivos. Para voltar aos anos 80 e lembrar aos ídolos daqueles tempos xa non é necesario recurrir ao DVD, alomenos durante este verán.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En