_
_
_
_
Reportaje:Luces

Meteorito 'Polaroid'

Hai 25 anos que a novela de De Toro irrompeu na paisaxe literaria - Irreverente, violenta e singular, escritores de todas as xeracións asumen a súa importancia

As augas baixaban tranquilas polo río da narrativa galega en 1986. Poetas de tendencia veneciana arriscaban armas na prosa e as novelas sucedíanse sen maiores sobresaltos. Sobrevivían o epigonalismo cunqueirián e a épica poscéltica. O ruralismo esmorecía. Ese era, a trazo groso, o mundo que recibiu a Polaroid (Xerais), de Suso de Toro (Compostela, 1956), o espello en cachizos dunha realidade en descomposición. Sete escritores contemporáneos falan do impacto do libro.

- Xurxo Borrazás. "Entre De Toro, Reixa e Rivas deron un cambio de temón á literatura", afirma de entrada. O autor que con Cabeza de chorlito (1991) irrompeu nas tropas posmodernas e recuncou con Criminal (1994) explica como "as novas maneiras de facer deses escritores foron importantes" para el. E aínda que, confesa, non ten fresca a lectura de Polaroid, si lembra como deconstrúe diálogos. "Eran formas de rocanrol", engade Borrazás (Carballo, 1963), "sentía que falaba realmente do meu tempo".

- Kiko Neves. Con O día en que morreu Steve McQueen (2011), novela de estrada pangalaica que remite a Kerouac e ao realismo sucio, Neves (Ponteareas, 1969) reapareceu no campo de batalla. Lembra polo miúdo o seu encontro coa obra de De Toro. "O profesor de galego de COU esforzábase en facer atractiva a materia", lembra. Libros de Xavier Alcalá ou Otero Pedrayo chegaron así ás mans de Neves. Pero foi unha visita de Antón Reixa o que lle abriu un mundo novo: Os Resentidos, Siniestro Total, Seis cordas e un corazón de Xelís de Toro, o Rivas de Ningún cisne. "Mirei que había outras cousas en galego", di, "lembro o impacto de Polaroid". Na versión de Kiko Neves, aquilo "era en prosa o que facían Rompente en poesía": desmitificar, "rachar con todo, nin Castelao nin hostias".

P. Polaroid ten herdeiros?

Kiko Neves. O Leo i Arremecághona, ou Dios Ke te Crew. Quedo co Leo.

- Samuel Solleiro. "Foi, talvez, o primeiro libro para adultos que lin na vida", explica, "e o listón ficou moi arriba. Non sei se volvín encontrar un libro galego con ese grao de risco". Solleiro (Tui, 1982), narrador das existencias periféricas en dz ou o libro do esperma (2006), confesa que perdeu o autoodio literario grazas a Polaroid, "unha novela que parecen contos e que trata de abranguer todo, do sexo á patria". "Os manifestos kamikazes son a cimeira non superada do uso da ironía", expón. Neses célebres textos, De Toro chamaba a facer croquetas coa momia de Castelao e a profanar o Panteón de Galegos Ilustres. "En linguas menos periféricas é o hoxe o día no que andan a se publicar libros semellantes", diagnostica, nun correo electrónico remitido dende Lille (Francia), "e os seus autores pasan por ser xenios". Non esquece a singularidade de Polaroid na traxectoria do seu autor, que, "malia facer bos libros antes de capitular nos noventa da boa literatura, pareceu arrepentirse de abrir a caixa dos tronos".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

- Xavier Queipo. O autor de Extramunde (2011) viña de regresar a Compostela, onde nacera en 1957, cando atopou na desaparecida libraría Galí "un libro de alguén que eu coñecía". Polaroid escribírao un excompañeiro seu do Movemento Comunista. "Unha obra diferente", expón, "que non falaba de cousas fantásticas nin de ciclos artúricos". Queipo traballa agora en Bruxelas e daquela, apenas rematara a restauración da democracia, baixaba do paquebote en que aprendera como biólogo. "Gustoume a proximidade da linguaxe e a maneira de distinta de contar". Ao mesmo tempo, Polaroid significou para el reencontrarse con Santiago. Nos bares -a familia De Toro rexentaba un- desa cidade agromaban nas paredes eses manifestos en que os galegos aparecen como "vermes mutantes nun país morto que fede". "Aquel sentido do humor deu paso a unha obra máis seria", considera Queipo, quen non nega as marcas de Polaroid nun traballo, o seu, debedor confeso de Conrad e Cunqueiro. "Con Polaroid acontece que ver que unha avanzaba nunha prosa nova axudaba a escribir", di.

- Rexina Vega. "Cando penso no Suso de Toro desa época, lembro o que Basilio Losada dicía de Picasso: 'Non é o primeiro dos modernos, senón o último dos antigos". Vega (Vigo, 1966) non dubida en encaixar Polaroid no xénero da demolición. "É unha novela de derrubo, por iso non poder ter descendentes nin ascendentes; con ela remata un tempo. Suso é un epígono que derruba e que parodia, igual que o foi Cunqueiro". "Polaroid funcionou no seu día porque limpou da literatura da obsesión identitaria", engade a novelista de Cardume (2007). E aínda que non resulta doado atopar fillos de Polaroid, Rexina Vega arrisca un par de nomes: o cantautor O Leo i Arremecághona ou as camisolas Rei Zentolo. "Queda a actitude punkarra, non o seu estilo, un non-estilo, un grao cero", remata.

- Camilo Franco. "O problema de Polaroid é que o autor non continuou esa liña e iso réstalle importancia ao libro". Sobre ese razoamento constrúe Franco (Ourense, 1963) as súas consideracións arredor dunha obra que, ao seu ver, "como case todo en Galicia", ten unha importancia "máis simbólica que real". Símbolo, neste caso, do rompedor. "Alén da formalidade", segue, "a clave é a frescura e certa impostura na denuncia de posturas arcaizantes". Pero o mapeo do tamén xornalista abrangue outras cuestións cruciais no campo que el propio denomina "sistema autonómico literario galego". "Aquí existe unha clara afirmación simbólica da heterodoxia, pero sen efectos prácticos, ninguén se toma en serio ser heterodoxo", explica. Camilo Franco, cuxo último libro, Palabras contadas (2007), xoga co fragmento, a literatura que fala de si mesma e o humor, admite compartir con Polaroid "o ánimo de romper algo cando entras no comercio. Sobran obxectos".

- Alberto Lema. O autor d'Unha puta percorre Europa (2008) refírese a Polaroid dende a obxectividade crítica. "O libro terá a importancia que lle dea a facción dominante na institución literaria", di, "a encargada de facer os manuais, a mesma que nestes momentos tende á camuflaxe". A prosa acoitelada e sobre a desintegración do lazo social no totalitarismo do mercado de Lema (Vimianzo, 1975) partilla a busca dun realismo crítico. "Simpatizo con Polaroid na aposta por destunear a literatura", recoñece, "por fuxir do perfecto acabado; tamén me presta a celebración do popular que non cae no costumismo nin no drama". E malia ás exploracións de Fran Alonso ou Iolanda Zúñiga, a xínea de Polaroid está crebada. "A literatura galega é bastante refractaria ao realismo", finaliza, "por razóns que pode explicar mellor Antón Figueroa".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_