_
_
_
_
_
XABIER P. DOCAMPO | Luces

"Era un libro que falaba de min"

"O que lle pedimos á literatura é que fale de nós e Memorias dun neno labrego falaba de min", recoñece Xabier P. Docampo, nado en Rábade en 1964 pero criado en Castro de Ribeiras de Lea. O autor d' O misterio das badaladas aplaude o que a historia de Balbino ten de reivindicación do mundo rural e de denuncia do asoballamento dos máis desfavorecidos. Descubreuno como lector a finais dos anos 60, cando Ediciós do Castro publicou por primeira vez o texto en Galicia, aínda que a lectura máis recente fíxoa hai un ano. Nin co paso do tempo percibiu trazos de idealismo na novela de Neira Vilas. "Ese ruralismo nostálxico que tanto abunda por aí adiante non existe aquí", explica. Os anos tampouco lle roubaron vixencia á obra, defende Docampo, porque a historia "dun neno que ten que buscar a compensacións dos seus afectos" é compartida cos pequenos do século XXI. Parello vai o camiño que abriu nas letras galegas, co neno protagonista e contador das súas teimas. "Unha literatura xuvenil tan exitosa nos últimos 35 anos é debedora do traballo de Neira Vilas".

Más información
Coma quen dis, un ninguén
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_