_
_
_
_
_
Luces

Dunha idea de Pío Cabanillas

Unha lei de xullo de 1983 aprobada polo Parlamento de Galicia antecedía en meses a inauguración práctica do Consello da Cultura Galega. A institución, que segundo Luís Álvarez Pousa, daquela director xeral de Cultura da Xunta de Xerado Fernández Albor, partiu dunha idea de Pío Cabanillas, arrincou instalado nun andar da rúa do Vilar de Santiago de Compostela.

Ramón Piñeiro foi o primeiro presidente dun organismo que se aliñaba coas súas teses político- culturais. Filgueira Valverde, un dos poucos militantes do Partido Galeguista republicano que atinxiu poder político durante o franquismo -foi alcalde de Pontevedra entre 1959 e 1968-, sucedeu a Piñeiro. O novelista Carlos Casares, discípulo piñeirista, quen recolleu o mandato en 1996 até 2002 e ampliou ámbitos de actuación. Alfonso Zulueta de Haz, militante do vello Partido Galego Social Demócrata e do PG dos anos 70, subiu á presidencia na morte do autor de Vento ferido. O historiador Ramón Villares preside o Consello da Cultura dende abril de 2006.

O Consello figura no Estatuto de Autonomía e "compételle a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego". O seu traballo estrutúrase en 10 seccións -antropoloxía cultural, artes plásticas, patrimonio histórico ou dereito- e tres comisións, nas que traballan técnicos e bolseiros. O máximo organismo de goberno do CCG é o Pleno. Aí atópanse representadas as tres universidades, as Reais Academias de Lingua, Ciencias e Belas Artes, a Fundación Penzol e a Rosalía, o Instituto da Lingua Galega ou Consello Galego de Museos. A conselleira de Cultura é membro nato e a Presidencia de Honra recae no Presidente da Xunta.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_