_
_
_
_
_
Análisis:ANÁLISE
Análisis
Exposición didáctica de ideas, conjeturas o hipótesis, a partir de unos hechos de actualidad comprobados —no necesariamente del día— que se reflejan en el propio texto. Excluye los juicios de valor y se aproxima más al género de opinión, pero se diferencia de él en que no juzga ni pronostica, sino que sólo formula hipótesis, ofrece explicaciones argumentadas y pone en relación datos dispersos

Gaiás, ano I

A Cidade da Cultura fai nestes días os primeiros seis meses dende a súa apertura ao público. Semella un bo momento para facer un balance sobre o que pasou neste tempo e sobre algunhas cousas que se albiscan sobre o futuro, aínda que quedan moitas incógnitas por despexar. O primeiro é sinalar que o obxectivo de converter o complexo do Gaiás nun espazo de encontro para os cidadáns e no que poidan atopar propostas culturais interesantes aínda fica sen alcanzar. Polo momento, cando un se achega ao lugar, as opcións máis probables son tres: atopalo baleiro, tropezar cunha excursión de escolares ou de anciáns, ou coincidir co conselleiro de Cultura nalgún acto que se celebre nas instalacións. Non vai ser doado converter o Gaiás en algo mais cun lugar de paso fugaz. Pero xa sabiamos que neste asunto nada ía ser fácil.

Converter a Cidade da Cultura en algo noso é o primeiro e, seguramente, o principal dos retos

Un dos graves problemas aos que se enfronta a Cidade da Cultura é a súa ubicación. Isto sempre se dixo, pero agora que comezou a funcionar fíxose máis evidente. Atópase illada nun lugar de Santiago que é moi visible dende a cidade pero ao que moitos composteláns nin sequera saben como chegar. Non digamos xa os que son de fóra. O outro día un escritor coruñés que quería ir ao Gaiás para participar nun acto explicaba que tivo que pedir instrucións por teléfono para ser dirixido, xa que non atopou un cartel que lle indicase como chegar.

O propio conselleiro de Cultura referíase esta semana á necesidade de avanzar na conexión do complexo coa autoestrada A-9. Esta é unha necesidade obvia, pero entrementres pode avanzarse noutras direccións. Por exemplo, non estaría mal que alguén do novo equipo de goberno que agora estrea Compostela considere a necesidade de poñer un autobús que se achegue ata o Gaiás. É algo sinxelo pero que contribuiría a conectar dalgún xeito a cidade co complexo. Obrigar a que os visitantes teñan que acudir en coche ou limitar o acceso aos intrépidos que se atrevan a subir a empinada pendente que leva ata alí non semella a mellor proposta para atraer ao público.

Tamén nestes días coñecéronse as cifras de visitantes. Polo de agora, 140.000 persoas achegáronse ata o Gaiás e o número total podería acadar os 300.000 ao final do ano. Máis alá do valor que cada un queira darlle ás cifras, o importante é saber se os visitantes quedaron satisfeitos co que viron. Semella que un 70% estaría disposto a repetir a visita. Non é un mal comezo se temos en conta que ata o de agora as actividades para atraer público ao Gaiás non foron moi atractivas. Seguramente se a programación vai mellorando aumentará o número de visitantes, aínda que este tampouco debe ser o obxectivo prioritario, porque a rendibilidade non se mide só con números. Máis ben se trata de conseguir que o complexo devolva á sociedade alomenos unha parte do grande investimento feito.

No que atinxe á programación que presentou a Xunta para a segunda metade do ano, o bo é que o as actividades previstas non teñen un custe desmesurado que acentúe a sensación de malgasto que xa rodea o Gaiás. De tódolos xeitos, isto xa o agardabamos nos tempos de crise que vivimos. Na programación non hai grandes nomes e iso pode resultar positivo, pero bótase en falta un pouco máis de imaxinación para darlle visibilidade ao complexo, tanto dentro coma fora de Galicia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

A Biblioteca e o Arquivo están acollendo exposicións de diverso signo e seguirano facendo ata a apertura do Museo de Galicia, que terá lugar en novembro e que non abeirará a súa primeira exposición ata a primavera do 2012. Unha das actividades que máis chaman a atención é un encontro de novos valores da arte previsto para setembro.

Mais alá de que un nunca entendeu moito a utilidade deste tipo de actividades, sorprende que a coordinación do mesmo corra a cargo dunha persoa que non traballa en Galicia e, polo tanto, non coñece en profundidade aos novos artistas galegos. Trátase do comisario e exdirector do Museo de Arte Contemporánea (Musac) de León, Rafael Doctor, que semella que vai ter un protagonismo destacado no Gaiás, xa que tamén será o responsable dunha exposición que se celebrará no complexo coincidindo coa apertura do Museo. Haberá que xulgalo polo resultado, pero as perspectivas non son moi optimistas. Tiñamos e aínda temos a esperanza de que se ía dar prioridade a aqueles que formen parte da cultura galega ou que polo seu prestixio internacional teñan algo que ensinar. Converter o Gaiás en algo noso é o primeiro e, seguramente, o principal reto que terán que afrontar os seus responsábeis. Iniciativas deste tipo non semellan o mellor camiño para logralo.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_