_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Profetas do 'garaxe tropical'

Novedades Carminha ensaian ritmos 'lo-fi' no seu novo elepé, 'Jódete y baila'

Nos Novedades Carminha importa tanto o discurso sónico como discurso lírico. E se o primeiro evolúe do punk rock (&roll) ao garaxe de ferralla e inspiración estadounidense, o segundo fica impasíbel. "O que nos gusta son as festas de aniversario con rapazas en top less, ou as xuntanzas de swingers", explica o seu cantante e guitarrista, Carlos Pereiro, Carlangas, "todo o que teña que ver co Samil máis escuro". Fala de Jódete y Baila, o seu terceiro longa duración, que o mércores pasado puxeron de longo na Sala Capitol de Santiago e co que se guindaron a unha xira de 20 concertos por locais de toda a Península.

"Nós falamos todo o tempo de tropicalismo galego, rollo Samil", teima. Como "garaxe punk tropical" tamén os alcuma a nota promocional, emitida dende Lixo Urbano, a nova editora dos Carminha. Dez cancións -"mólannos os discos de dez cancións"- en 25 minutos, e títulos enganchados á poética punkoide do seu material máis celebrado: Pesetas, Amor rural ou Non corras papá. "Santiago Apóstol / como yo te amo / me paso el día peregrinando / ya lo sabes soy gallego amor / el Año Santo va en el corazón", entoan en Santiago Apóstol, a súa particular celebración xacobea adbiada con vídeo rexistrado no Obradoiro.

Más información
O regreso de Combo Dinamo

Atrás queda a casa new wave punk modalidade ibérica en que, por un minuto, parecía encadrar o trío compostelán arraizado en Madrid. Mais a súa querenza pola escrita dos Siniestro Total de ¿Cuándo se come aquí? ou o absurdismo ilustrado de Derribos Arias non se correspondía exactamente coa súa dimensión sónica. "Si, se cadra eramos máis rocanroleiros que ese punk espasmódico, do que nos gustan as letras", admite Carlangas. Refírese á época da súa primeira gravación -a casete Grandes éxitos (2008)- ou do seu elepé Te vas con cualquiera (2009, en Bowery Records).

Jódete y baila é outra cousa. "Cantamos a dúas voces, o son é máis guarrete", di, "e creo que este é o mellor que sacamos". No espello de Novedades Carminha sitúanse arestora as bandas da nova vaga garaxeira norteamericana. Jay Reatard -morto con trinta anos en 2010 e influínte aos mandos de The Reatards-, Black Lips ou Jacuzzi Boys véñenlle á cabeza a un Carlangas que non hai tanto andaba fascinado cos primeirísimos The Cure, os de Three imaginary boys (1980). Neste garaxe punk orfo de manierismos sesenteiros tamén ecoan The Gories ou Dead Moon, os antergos directos da renovación xeracional das escena nos Estados Unidos. "Descendemos todos de Billy Childish", expón, "meterlle ruído valvulero, roña ao garaxe". Childish, músico inglés de culto, poeta e novelista, leva enriba, contando dende 1978, máis de cen discos. "Agora soamos máis chatarreiros, case lo-fi [abreviatura de low fidelity, baixa fidelidade], bailongos", conclúe. Editan en creative commons.

Xusto antes de colocar na rúa Jódete y baila -nas tendas en cedé e vinilo dende onte, esta noite en directo en Barcelona, mañá en Girona e o 27 e 28 de maio na Coruña e Vigo, respectivamente-, os Carminha promoveron o elepé colectivo Galician Bizarre. Quince bandas sen nada máis en común que "o amor por churrasquear e polo rock de garaxe, o pop e lo-fi" e que fan "as cousas dun xeito semellante" fixeron circular este traballo autoxestionado. Contén música de, entre outros, Indómitos -recentemente separados-, Metralletas Lecheras ou Telephone Rouges.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

No estudio

- Grandes éxitos (2008). O seu debut en casete.

- Te vas con cualquiera (2009). Primeiro elepé.

- Sinceramente Carminha (2010). Epé de catro temas.

- Colectivos: Novas da Galiza, Come on Pelegrín e Galician Bizarre.

- Jódete y baila (2011). Segundo elepé.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_