_
_
_
_
_
Luces

O Marco de Vigo celebra o seu oitavo aniversario

O mesmo día en que o Prestige partía pola metade e comezaba a espallar a súa carga pola costa galega, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo abría as súas portas. Oito anos despois, o centro dedicará esta fin de semana a celebrar o seu aniversario cunha programación especial. Ademais de propoñer actividades sobre as mostras abertas no Marco -a retrospectiva sobre as fotos de Virxilio Vieitez; Máis que a vida, de Vasco Araújo e Javier Téllez e Pattern Panóptico, de Almudena Fernández Fariña-, a dirección do museo organiza actos paralelos.

A filla de Vieitez, Keta Vieitez, ofrecerá unha visita guiada pola mostra fotográfica. A noite de Vieitez, na madrugada do sábado ao domingo a partir das 00.00, cederá o protagonismo á redescubridora do fotógrafo de Soutelo de Montes. Keta Vieitez expuxo en 1997 as imaxes do seu pai e chamou a atención sobre o traballo daqueles rexistradores da vida rural galega. Tamén en relación a Vieitez, A miña foto favorita servirá para que todo aquel espectador que o desexe fale, durante 15 minutos cara ao público, sobre a súa imaxe predilecta da exposición.

Rexistro sonoro

Hoxe, ás oito do serán, Sinsalaudio ofrecerán unha conferencia sobre a historia da gravación sonora. Érase una vez un surco desenvolve "unha serie de accións que explican os conceptos teóricos". Unha sesión audiovisual que repasa "os documentos máis importantes da música enlatada" ou unha obra colectiva arredor da música de amoblamento de Erik Satie serviránlles para ilustrar a incidencia na estética dos diferentes soportes.

Un denominado grafiti dixital, elaborado pola empresa de comunicación Ceo Aberto e subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, adornará a fachada o Marco da vella prisión provincial de Vigo o sábado ás oito do serán. Trátase dun sistema de lapis óptico polo que calquera transeúnte poderá debuxar sobre as paredes do edificio.

Ademais da intervención das doce do mediodía do sábado, realizada pola propia Almudena Fernández Fariña nos espazos do Marco, tamén haberá concertos. Será na noite de mañá, no café do centro museográfico vigués, e tocarán Unicornibot e Cró! "Dende a psicodelia e o rock progresivo ata o rock clásico, pasando polo math rock e o hardcore", resumen dende a organización dos eventos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_