_
_
_
_
_
Luces

'Retranca' estará impresa para a visita do Papa

O último número da revista satírica Retranca chegará a tempo para a visita do Papa. Segundo o director da publicación, o humorista Kiko da Silva, xa atoparon unha empresa zaragozana que imprimirá os exemplares. Agardan que o martes xa estean en distribución. Amais, haberá unha pequena edición dixital de urxencia para celebrar o domingo o "terceiro cabodano" da revista.

A empresa murciana á que encargaran a impresión en primeiro lugar, Jiménez Godoy, negouse a entregar os exemplares escudándose na súa moral católica, xa que o novo número está dedicado a satirizar a vista do papa Bieito XVI a Galicia. A dirección da compañía negou a EL PAÍS ter impreso os exemplares, mais en declaracións a La Verdad de Murcia, un dos directivos da imprenta recoñece ter o número de Retranca xa en papel, mais néganse a entregalos.

Kiko da Silva enviou un burofax á Jiménez Godoy que ten até hoxe para contestar. Se non reciben resposta da empresa, non descartan levar o caso aos tribunais.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_