ArchivoEdición impresa

Acceso a suscriptores »

Accede a EL PAÍS y todos sus suplementos en formato PDF enriquecido

viernes, 8 de octubre de 2010

O filósofo Peter Sloterdijk falará nas conferencias do Xacobeo

Baixo o epígrafe xenérico de Camiño ao andar, organizado polo Xacobeo entre o 18 e 28 deste mes, xuntaranse en Santiago "expertos nacionais e internacionais que debaterán sobre distintos da cultura contemporánea". Entre eles, o filósofo alemán Peter Sloterdijk, discípulo da Escola de Francfort e autor de Crítica da razón cínica.

"Neste foro, en que se aborda a construción da cultura europea como un fenómeno en continua creación", di a nota que onte emitiu a Consellería de Cultura, "a partir de hibridacións e diálogos interculturais, filosofía e pensamento". Ademais de Sloterdijk, participarán o pai da antropoloxía moderna en Galicia, Carmelo Lisón Tolosana; o político e diplomático israelí Shlomo Ben Ami; o director do Instituto do Mundo Árabe de París, Mohamed Metalsi, o arquitecto Rafel Moneo ou o historiador da arte Georges Didi-Huberman. Antonio Gamoneda, poeta, o novelista italiano Erri di Luca, o español Félix de Azúa ou o tamén poeta Luis Alberto de Cuenca serán algúns dos escritores que falarán nas xornadas. O escenario, o Centro Galego de Arte Contemporánea e a estrea da sede da Fundación Cidade da Cultura.

En Mondáriz-Balneario, pero só do 19 ao 21 de outubro, tamén a Fundación Carlos Casares organiza un encontro para definir os "novos paradigmas" que poden emerxer da "crise de sistema". Os economistas Guillermo de la Dehesa ou Vicenç Navarro, o politólogo francés Sami Naïr, os ensaístas Jesús Mosteirín, José María Ridao e Antón Baamonde, ou o sociólogo Fermín Bouza tratarán o carácter do mercado, as posibilidades e límites da acción política ou o valor do público como alternativa ao modelo liberal.

Tamén a Fundación Paideia, que preside Rosalía Mera, anunciou unha serie de xornadas para os meses de outubro, novembro e febreiro de 2011 centraránse no "mal ou o drama da liberdade, a evolución humana ou a intervención social".

Atención al cliente

Teléfono: 902 20 21 41

Nuestro horario de atención al cliente es de 9 a 14 los días laborables

Formulario de contacto »

Lo más visto en...

» Top 50

Webs de PRISA

cerrar ventana