_
_
_
_
_

O enterro de Mancomún

Mancomún foi un proxecto de desenvolvemento de software libre que puxera en marcha a anterior Consellería de Industria. Fora sinalado como modelo pola Unión Europea, entre outros recoñecementos internacionais, e encargárase de facer a versión galega de Firefox, o navegador competencia do Explorer. Agora "está en vía morta e desmantelado de xente, coa probable intención de privatizalo para que alguén se apropie do seu prestixio", considera o que foi o seu coordinador, Suso Baleato.

O teórico aforro desa decisión non casa, segundo Baleato, coa realidade de que se estima que o 20% do incremento da productividade depende da implantación das novas tecnoloxías, e polas contas máis clásicas de que a Xunta está a pagar licencias de software comercial e que Mancomún perdeu fondos europeos de medio millón de euros por proxectos que non desenvolveu. Afortunadamente, os esforzos dos empeñados en "facer cousas" reencárnanse en proxectos como G11N, un colectivo dun cento de persoas que está decidido a que haxa versión en galego de programas "moitas veces antes que en francés ou en alemán", comenta Baleato. O mundo virtual é aínda máis teimudo que o outro.

Más información
Os ciberirmandiños
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_