_
_
_
_
_
Luces

Unha muller do século

No tempo de Rosalía de Castro escribían Charles Baudelaire, Walt Whitman ou Arthur Rimbaud. "Paréceme arriscado marcar esas conexións", explica o profesor de Teoría da Literatura Arturo Casas. Casas fala de Lydia Koidula, poeta estonia contemporánea da autora de En las orillas del Sar. "Posúe unha proxección popular e mesmo política en canto fundadora verdadeiramente paralela á rosaliana", engade. Na súa opinión, só estas dúas mulleres en Europa "teñen esa dimensión de voz poética fundacional dunha tradición literaria como rexurdimento". Foi Ricardo Carvalho Calero quen máis escavou nas lecturas de De Castro. O alemán Heinrich Heine, a quen coñeceu nas versións españolas publicadas en Museo Universal en 1857. Segundo Casas, tamén Koidula resultaba "receptiva a Heine".

Celestino Fernández de la Vega deitará a obra de Heidegger sobre os textos de Rosalía. "Non son orixinal se menciono a Kierkegaard ou mesmo se chego a Nietzsche", apunta o profesor Casas, quen acha os efectos de Rosalía en Miguel de Unamuno e refírese "a Paul Celan ou a George Trakl como representantes dunha poética que converxe coa de Rosalía".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_