ArchivoEdición impresa

Acceso a suscriptores »

Accede a EL PAÍS y todos sus suplementos en formato PDF enriquecido

viernes, 11 de julio de 2008
BOTELLA AO MAR | Luces

Desgustos, colesterol e incomprensións

Archivado en:

QUERER é saír de tras os muros un a campo aberto. Campar confiado e curioso. Para querer a alguén, primeiro ten un que gustar desa outra persoa. E gustando dela aceptas como é.

DESGUSTO SENTIMENTAL: Non nos queren. O redactor do manifesto e os seus vinte e mais a maioría dos asinantes do tal Manifiesto por la lengua común (refírense ao castelán) non gustan de nós, non nos queren tal e como somos.

Aínda máis, queren que non existamos como somos e procuran os medios: reforma da Constitución, supresión ou reforma dos estatutos.

SON LIBRES de non gustar de nós. Tampouco nós gustamos deles, agora que á fin tiraron a máscara e vemos o seu rostro asañado.

OS OBXECTOS OBSOLETOS onde van parar? Onde os acendedores de ouro, de mesa? Onde os pantalóns de tergal? (Van para un Purgatorio ou para un Inferno eterno?).

"SABES QUE DÍA É HOXE? Hoxe é mañá". Di Bill Murray en Groundhog Day (Atrapado no tempo). A eternidade é o inferno, a eternidade é a desesperación.

SENTADO E DISTRAÍDO, XA PEITEA CANAS e mais enreda no seu celular cun xogo de marcianitos. Sorpréndome. Comprendo que perdín o paso, houbo pequenas e constantes mutacións, e ese home adulto xa me parece novo, un rapaz. Ou envellecín eu ou se infantilizaron eles (ou as dúas cousas).

O RECICLADO DO VIDRO obríganos a encarar unha realidade: moita botella se xunta. Debe haber alguén que bebe nelas.

E QUE RICO NON É O COLESTEROL: Ovos e patacas frixidas con chourizo, callos... Uuummm.

CANS ANARQUISTAS. Os cans son animais sadomasoquistas, escravos dos seus amos, e querémolos tanto por iso. Con todo, teñen un lado anarquista: ládranlle aos uniformes, aos gardas, aos militares ou aos carteiros. Os cans son xente rara.

POR DEBAIXO E DENTRO DAS PALABRAS, agachadas están as brasas. O poeta mete a man e mexe nelas. (Hai oficios para todo).

INCOMPRENSIÓN: Aquel comprou un auto que falaba e mais entendía. Había que dicirlle "arranca, para" e facía caso. Mais o programa de voz do auto viña programado con voz de castelánfalante sudamericano e como el tiña sotaque galego o auto non o comprendía: nunca deu arrancado. Vendeullo a un colombiano.

Atención al cliente

Teléfono: 902 20 21 41

Nuestro horario de atención al cliente es de 9 a 14 los días laborables

Formulario de contacto »

Lo más visto en...

» Top 50

Webs de PRISA

cerrar ventana