_
_
_
_
_
BOTELLA AO MAR | LUCES
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Música, cultura e vellez

THE ODD COUPLE, magnífica música. Outra mostra de que a mellor arte ten a dose necesaria de dor, avolta toda con sentido do humor, e de que para isto é preciso a liberdade e o valor para non temer o ridículo.

NOTA NON ANOTADA. Susto (de Toro), confusión, caos, abraio...: Cacheo na chaqueta e nada, saín da casa sen un lapis, bolígrafo! Non podo tomar notas das cousas que se lle van ocorrendo a un. (Non podo escribir esta nota, tampouco).

ESTAS PÁXINAS DE CULTURA, tan galegas. Tan nosas: esta case imposibilidade de falar do que é a arte, o gratuíto. Acabar sempre nas leas ideolóxicas, estas conversas e queixas resesas. Fáltanos a fecundidade e a inocencia dunha cultura viva, máis que a crear andamos a analizar e a buscarlle a trampa a todo.

A DOENZA DA NOSA CULTURA. Feitas as análises pertinentes apreciáronsel signos claros de esclerose e senilidade propios dunha cultura da terceira idade: temos altos os niveis de ácido bucólico e de ácido telúrico (co telúrico pasa como co colesterol, haino bo e haino malo; o noso é do malo). Moita acidez, consecuencia de tanto cubalibre e Flor de Toxo. E a nosa proximidade ao mar achéganos unha excesiva cantidade de solución salina.

ISTO NON SE AMAÑA con máis balneario e con augas termais. Temos que cambiar a dieta, non podemos seguir a remexer tanto nos ósos dos defuntos para facer o noso caldo. Precísase tamén da ventilación da casa, as xanelas e as portas ben abertas para espantar o gas radón acumulado dentro. Tamén exercicio enérxico: a correr mundo!

REUNIÓN DE VELLOS AMIGOS, estes homes foron aqueles meniños. Onde van, onde foron todos aqueles rapaciños? Están só no fondo da miña memoria? Morreron logo? Iso foi? Lémbroos, lémbroos perfectamente. E doe vérmonos. Alegrámonos e damos apertas, mais cando ollamos uns para outros esculcamos a buscar en cada home o rapaz que había antes alí.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Ás veces, levamos dous viños, parece que, nun sorriso pícaro, sae axexar o rapaz. Quen sabe, se cadra non morreu e soamente vai dentro preso. Un presiño que acora aí dentro.

CANDO A CARNE E OS ÓSOS dese cárcere amolezan, ha saír ingrávido por entre os cascallos dos muros caídos. E voará, madia leva. Voará.

MENTRES, dancemos.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_