_
_
_
_
_
Reportaje:JAZZ | Luces

A nova raíña do jazz, na Coruña

A presenza da pianista e cantante canadiana Diana Krall no Palacio de Ópera da Coruña o vindeiro 31 de xullo constitúe un dos acontecementos musicais máis importantes do ano en Galicia. O concerto forma parte do ciclo de jazz da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a entrada é de balde, ainda que sexa preciso retirar un convite para ver en directo a unha das voces máis celebradas do jazz mundial.

Antes desta actuación estelar haberá oportunidade de asistir aos concertos de dúas citas que agardan con ansia os seguidores do jazz en Galicia: o Imaxina Sons de Vigo e o Festival de Jazz de Pontevedra. A cita viguesa ten como figura máis destacada ao grupo do saxofonista estadounidense Wayne Shorter, que actuará o vindeiro 29 de xuño no Teatro Caixanova. O seu compatriota Ken Vandermark pechará o ciclo coa súa comparecencia no mesmo escenario o 6 de xullo. A inauguración do festival, que terá lugar o 26 de xuño, correrá a cargo do grupo galego Clunia que celebra este ano os seus 25 anos de traxectoria.

Más información
Os festivais canean a crise

En Pontevedra aínda non se coñece a totalidade do cartel dun festival que nos últimos anos permitiu ver en Galicia a grandes estrelas do xénero coma Solomon Burke. Polo momento está confirmada a presenza de Branford Marsalis, irmán do gran trompetista Wynton Marsalis, e que está considerado unha das figuras contemporáneas deste instrumento.

Tamén formará parte do programa do festival, que se celebra entre o 23 e o 26 de xullo, a actuación do moi novo pianista estadounidense Aaron Parks. Coma é habitual todos os concertos deste ciclo son de balde e celébranse, se o tempo o permite, en prazas públicas da capital pontevedresa.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_