_
_
_
_
_
Crónica:EN RECORDO DE ALBERTO DATAS | Luces
Crónica
Texto informativo con interpretación

Un pintor humanista

Alberto Datas é un dos artistas galegos máis significativos do último medio século. A súa morte truncou unha traxectoria ascendente de esixencia e rigor, coroada, nos últimos anos, por un despregue creador excepcional. Home de longos silencios mais íntimas cordialidades e afectos, soubo sempre que o esencial da arte nace da introspección radical, da loita na soidade, da dura batalla coa expresión no ámbito do taller. Unha lección da que moitos creadores deberían tomar nota. Porque, se a arte é lenta e longa, os tempos parecen demandaren máis ben os ritos do flash e do flou, da vernissage e do glamour.

Pero Datas moveuse noutros horizontes. Cernalmente libre, fondamente solidario desde a súa condición de solitario, realizou unha obra que constitúe tanto unha viaxe ás entrañas máis recónditas dun psiquismo primixenio e pulsional, como aos horizontes da vida e da historia.Porque desde a soidade do seu estudo atalaiaba o mundo. E se tiña moito dese "romanticismo incendiario" que abrolla no manancío do mellor surrealismo, tampouco deixaba de mirar os grafite dos valados, sempre proféticos e reveladores.

Concibía a arte como unha forma de vida e un proxecto moral

Nacera na Coruña en 1935, onde se formou alí na Escola de Artes e Oficios, e logo en Madrid, en Belas Artes. Tivo unha formación ao máis alto nivel técnico e formal. Soubo asimilar a Vázquez Díaz, Cossío e outros mestres nos seus inicios. Mais o nacente realismo axiña xermolaría, desde dentro, un expresionismo espontáneo, natural.

Nos 60 estivo becado en Venecia, no taller do muralista Saetti. Máis tarde, do 65 ao 68, na Academia Española de Roma. Foron anos fecundos, pois aproveitou os veráns para viaxar en automóbil, coa súa compañeira Estrella, por numerosos países do continente nunha apertura absoluta de horizontes, tan pechos aínda na España franquista. A partir de 1970 entrou como docente en San Fernando, chegando a ser catedrático de Belas Artes na Complutense, da que na actualidade era profesor emérito. Canto ás exposicións, traballou maiormente coa madrileña Nieves Fernández e a ourensá Marisa Marimón. Foi interesante tamén a súa madura participación no decisivo movemento Atlántica.

Datas tivo, desde os inicios, unha capacidade para o debuxo e a forma fóra do común. Mais, co tempo, iría violentando a tradición aprendida, para desenvolver unha expresión rotunda, mesmo violenta e visceral, de rara intensidade, que extrovertía a súa vigorosa urxencia expresiva.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Datas concibía a arte como unha forma de vida e un proxecto moral de relación co mundo; como vía de coñecemento mais tamén de comunicación interpersoal; como unha forma indeclinábel de liberdade, como exploración até os lindes do humano. Mente e corazón. Ética e estética. Bioloxía e psicanálise.

A pintura, para el, é o espazo onde batallan acción e pensamento, vida e expresión. A beleza, a seu ver, é unha forma de verdade. Unha beleza, na liña de Breton, convulsa. Quizais porque en Datas os deuses do azar puxeron unhas poucas máis gotas de licor dionisíaco que de linfa apolínea. Encadralo como un artista humanista sería unha redundancia, porque toda arte verdadeira o é. Pero hai graos. E el laboraba nese punto en que o espectador se ve sacudido polo latexo vital e o pulo sensíbel dunha radical experiencia humana. A emerxencia dese sentir atravesa a súa condición de home e de artista desde os seus inicios. E é que Datas nunca concibiría a vida nin a arte co diletante e aristocrático cinismo do lord Henry d' O retrato de Dorian Gray de Oscar Wilde.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_