_
_
_
_
Reportaje:LUCES

O País dos contos

EL PAÍS e Galaxia ofrecen unha colección de 22 libros infantís

"A literatura infantil leva xa moitos anos demostrando que é un ámbito punteiro dentro do campo literario galego". Quen fala é Xosé Antón Neira Cruz, escritor e coordinador pola editorial Galaxia de No país dos contos, a colección de libros infantís que se repartirá con EL PAÍS a partir deste domingo, 11 de novembro. O primeiro dos 22 títulos, que se entregará de balde, é o clásico Lolo anda en bicicleta, con texto de Carlos Casares e ilustracións de Manuel Uhía. O resto dos volumes, impresos en cuatricomía, con tapa dura e dirixidos a primeiros lectores, comparecerán nos quioscos os luns, mércores e venres de cada semana ao prezo de un euro. No país dos contos realízase co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Caixanova.

"A literatura infantil é punteira na literatura galega", di Neira Cruz
Máis da metade dos libros foron encargados para a colección

"A única guía á hora de elaborar a selección de libros", explica Neira Cruz, "foi a de contar con bos ilustradores e con bos escritores". Os recoñecementos que acumulan os debuxantes e os autores de No país dos contos corroboran a afirmación do coidador da colección. O histórico Xan López Domínguez, o primeiro galego premiado na Bienal de Bratislava, pinta e escribe Voces na lagoa do espantallo. Tres Premios Nacionais de Literatura Infantil inclúen textos na serie: Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey e Paco Martín, a quen ilustran Xosé Cobas, Xan López Domínguez e José Tomás Díaz en De cores e de amores, Puag, que noxo! e Sabeliña e os ratos.

"No eido da literatura infantil, sobre todo na dirixida a primeiros lectores", sinala Neira Cruz, "hai que falar de coautoría entre escritor e ilustrador". "Unha obra como as que forman No país dos contos exprésase polo texto e polo debuxo", indica. Kiko da Silva resolve a dicotomía ao se encargar, ao mesmo tempo, de ilustración e historia en ¿Que contan as ovellas para durmir?, o segundo libro da colección. María Fe Quesada, outra histórica do debuxo de libros infantís na Galiza, pon as imaxes de Un rato na casa, de Helena Villar Janeiro.

No país dos contos aparecen obras de escritoras e escritores non habituais nos libros destinados aos máis cativos. A novelista Rosa Aneiros titula Ourizo cacho e o gran río gris a súa contribución, con debuxos de Rodrigo Chao. O poeta e ensaísta Xavier Seoane publica A historia dun can que caeu no tinteiro, e de Yolanda Castaño sae Punver, a súa primeira, e celebrada, incursión nos libros para nenos.

"O álbum ilustrado para pequenos, pola súa aposta estética, interesa tamén aos adultos", opina Xosé Antón Neira Cruz. A colección diríxese, so o epígrafe de primeiros lectores, a un segmento de nenos que vai "dos que non saben ler e precisan da mediación dun adulto para se enfrontar aos volumes aos que dan os seus primeiros pasos en solitario na lectura".

Máis da metade dos libros que forman No país dos contos foron encargados especificamente para a colección. Os demais pertencen á categoría de, en palabras de Neira Cruz, "os autores contrastados e recoñecidos". O nivel da literatura infantil galega "non só é recoñecido no país, senón que trascende e os escritores e ilustradores son requiridos no estranxeiro".

Neira Cruz, el mesmo autor de prestixio no eido infantil, lembra que a comezos dos 90, a principal eiva do xénero residía "na carencia de tecido editorial, porque se trata de libros caros". "Agora, as empresas de literatura infantil medraron e situáronse á altura da contorna europea", asegura. "A continua aparición de novos autores de calidade na literatura infantil" é, para Neira Cruz, a característica que produce maior esperanza a lectores e editores.

Obras

- Lolo anda en bicicleta, de Carlos Casares (escritor) e Manuel Uhía (ilustrador)

- ¿Que contan as ovellas para durmir?, de Kiko da Silva

- Rato Pincho (ou a verdadeira historia dos ourizos), de Gloria Sánchez e Pablo Otero

- Mola que chova, de Renata Otero Ramallal e Renata Otero

- De cores e de amores, de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas

- Puag, que noxo!, de Fina Casalderrey e Xan López Domínguez

- Conto para non comer, de Oli e Andrés Meixide

- Tres princesas namoradas, de Ánxeles Rodríguez Ferrer e Ánxeles Ferrer

- Camiño solitario, de Ánxela Gracián e Federico Fernández

- Quen son?, de Alicia Borrás e Andrés Meixide

- Punver, de Yolanda Castaño e Eduardo Hermida

- Herbalúa, de Marilar Aleixandre e Enjamio

- O Vixilante dos soños, de Ana Carreira e Noemí López

- Mouchiño mou, de Xoán Babarro e David Soler

- Marta ten a solución, de Ana María Fernández e Patricia Castelao

- Voces na lagoa do espantallo, de Xan López Domínguez

- Vacas na cidade, de An Alfaya e Jacobo Fernández

- Ourizo cacho e o gran río gris, de Rosa Aneiros e Rodrigo Chao

- Un rato na casa, de Helena Villar Janeiro e María Fe Quesada

- A festa no faiado, de María Victoria Moreno e Irene Fra

- A historia do can que caeu no tinteiro, de Xavier Seoane e Paula Mariño

- Sabeliña e os ratos, de Paco Martín e José Tomás Díaz

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_